A Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO), celebra o seu terceiro encontro en Aosta, Italia

Concello de Vigo. Educación

Vigo lidera este proyecto, dentro do programa Cultura da Unión Europea .-A delegación viguesa, formada por técnicos da Concellería de Educación, Director e
mestres da e-Trad e pola Orquestra Sondeseu, desenvolverá diversas sesións de traballo
e abrirá o festival Céltica 2011 no val alpino de Aosta.
A REDE EUROPEA DE ORQUESTRAS FOLK, ENFO, CELEBRA O SEU TERCEIRO
ENCONTRO EN AOSTA, ITALIA.
A ENFO (European Network of Folk Orchestras), programa europeo promovido pola Axencia
Europea para a Cultura e a Educación AECEA e liderado polo Concello de Vigo a traves da e-
Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional), dependente da Concellería de
Educación, celebra o seu terceiro encontro durante os próximos dias 30 de xuño, 1 e 2 de xullo
no val alpino de Aosta, coincidindo co afamado festival Celtica 2011. Esta edición do festival
será inaugurada coa actuación de Sondeseu Orquestra Folk de Galicia o dia 30 de xuño no
Teatro Romano da cidade de Aosta.
Durante o encontro, ao que asistirán representantes da agrupación italiana Tradalp, membros
da Sibelius Academy de Helsinki, Fundación Sondeseu, e-Trad e Royal Scottish
Academy of Music and Drama, se producirán diversas actividades de intercambio musical e
sesións de traballo para consolidar a organización da Rede no futuro próximo. Do mesmo xeito,
sentaranse as bases da organización da primeira Conferencia ENFO a celebrar en Vigo en
2012.
· A ENFO promove a creación dunha rede estable de intercambio entre escolas e
orquestras folk europeas segundo o modelo vigués da e-Trad e Sondeseu, foi un dos
dous programas europeos concedidos a Galicia en 2010, e ten unha duración de 2
anos. Durante a execución do programa se realizarán encontros en Italia, Escocia,
Finlandia e España con actividades destinadas aos músicos das agrupacións e ao
público das cidades nas que se producen, así como diversos documentos previstos no
proxecto seleccionado, como o catálogo europeo de centros destinados á difusión do
folk contemporáneo ou unha guía pedagóxica para as escolas especializadas en este
xénero musical.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: