CXG Corporación Novacaixagalicia obtén un beneficio de 32 millóns de euros en 2010

  • CXG obtén un resultado positivo de 201 millóns de euros antes de provisións

29.06.2011. CXG Corporación Novacaixagalicia aprobou en xunta xeral ordinaria de accionistas celebrada hoxe as súas contas correspondentes ao exercicio 2010, nas que se reflicte un beneficio despois de impostos (e antes de provisións) de 201,6 millóns de euros e unha liquidez e equivalentes de 567  millóns. Tras aplicar provisións contra a conta de resultados por valor de 172,6 millóns de euros para previr posibles futuras perdas de valor dos activos debidas á deterioración da contorna económica, o beneficio despois de impostos de CXG sitúase en 32 millóns de euros. Desde 2005 CXG xerou un beneficio acumulado despois de impostos de 1.015 millóns de euros, tras realizar provisións por 473 millóns de euros. O resultado de CXG apoiouse nun detallado e activo seguimento das oportunidades de xeración de rendibilidade existentes no mercado a pesar da mala situación xeral da economía. A iso sumouse unha redución dos gastos de explotación dun 6,8%, froito do plan de optimización organizativa que CXG vén aplicando nos últimos exercicios.

CXG, brazo investidor de NCG

CXG agrupa participacións en case 100 compañías con alta potencialidade, en fase de nacemento ou expansión pertencentes a máis de 20 sectores produtivos e de servizos (enerxía, alimentación, tecnoloxía, seguros, infraestruturas, finanzas, lecer, turismo, etc.). As empresas participadas por CXG suman 12.500 millóns de euros de facturación, 300 millóns de euros de beneficio e 64.000 empregados directos (datos a peche de 2010). Case a metade da súa actividade está centrada en Galicia, ámbito no que CXG exerce unha posición moi activa como axente de dinamización do tecido industrial. CXG proporciona músculo financeiro, estabilidade accionarial e apoio de xestión ás súas empresas participadas para que poidan desenvolver os seus proxectos de negocio. Ao longo da súa traxectoria CXG contribuíu á creación ou expansión de compañías estratéxicas para Galicia como Norvento, Cupa Group, Reganosa, Pescanova ou Gas Galicia. Na súa carteira tamén figuran sociedades con marcado carácter social, como Sogaserso, Resgal ou Galega de Economía Social. A actividade de CXG réxese polos seguintes criterios: 1).- contribución ao desenvolvemento empresarial, prestando especial atención a aqueles sectores e/ou actividades con maior potencial de crecemento e xeración de valor; 2).- creación de valor e rendibilidade para NCG; e 3).- complementariedade co negocio de NCG Galicia, a través do lanzamento de produtos financeiros e parabancarios.

Operacións 2011 e track record

Nas últimas semanas CXG obtivo 118 millóns de euros pola venda do 20% do capital da multinacional galega Pescanova do que era titular até este momento, nunha operación que se saldou cunhas plusvalías de 48 millóns de euros. Ademais, CXG desprendeuse do 24,6% que posuía en Dinak por cinco veces o importe investido no seu momento a través do Fondo Invercaixa Galicia. Incluíndo a venda de Pescanova, desde 2005 CXG obtivo unhas plusvalías de 1.354,4 millóns de euros en operacións de investimento-desinversión en sociedades cotizadas. A totalidade das operacións efectuadas no devandito período arroxou saldo positivo. Este track record tradúcese nunha rendibilidade media do 149%, calculada como a plusvalía obtida con respecto ao investimento realizado, equivalente a multiplicar por case 2,5 cada euro investido.

TABLA 1.- OPERACIÓNS DE VENDA E PLUSVALÍAS RESULTANTES (sociedades cotizadas)

ano

empresa

% vendido

% conservado

plusvalía [millóns €]

2005

Banco Pastor

9,95%

0%

129,1

Ence

7,65%

10,04%

8,3

Azkar

5%

0%

2,1

Iberia

3,44%

0%

1,4

parcial anual 2005

140,9

2006

Astroc

1%

4%

20,6

Ebro Puleva

3,44%

0%

41,9

Ence

9%

1,04%

54,8

Unión Fenosa

1,99%

8%

123,7

parcial anual 2006

241

2007

Ence

1,04%

0%

8,4

Galp (participación directa)

3%

4,5%

132, 4

Unión Fenosa

3%

5%

199,2

parcial anual 2007

340

2008

Unión Fenosa

5%

0%

368,5

parcial anual 2008

368,5

2009

Sacyr Vallehermoso

2%

3%

59,3

parcial anual 2009

59,3

2010

Galp (participación indirecta)

4,5%

0%

156,8

parcial anual 2010

156,8

2011

Pescanova

20%

0%

47,9

parcial anual 2011

47,9

TOTAL 2005-2011

1.354,4

TABLA 2.- PLUSVALÍAS POR EMPRESA (sociedades cotizadas)

empresa

plusvalías [millóns €]

Unión Fenosa

691,4

Galp (directa + indirecta)

289,2

Banco Pastor

129,1

Ence

71,5

Sacyr Vallehermoso

59,3

Pescanova

47,9

Ebro Puleva

41,9

Astroc

20,6

Azkar

2,1

Iberia

1,4

TOTAL

1.354,4

TABLA 3.- RENTABILIDADE SOCIEDADES COTIZADAS (PLUSVALÍAS OBTIDAS POR CAPITAL INVESTIDO, EN%)

empresa

rentabilidade

Galp (Investimentos Ibéricos)

696,9%

Astroc

264,1%

Banco Pastor

164,7%

Unión Fenosa

128,7%

Ebro Puleva

89,3%

Galp (directa)

84,1%

Ence

70,2%

Pescanova

68,6%

Sacyr Vallehermoso

59,5%

Azkar

12,4%

Iberia

2%

MEDIA

149,1%

TABLA 4.- PRINCIPAIS EMPRESAS PARTICIPADAS

sector

empresa

%

Seguros

Caser

6,80

CXG Aviva

50

CXG BANCASEGUROS

100

CXG CORREDURIA DE SEGUROS

100

CXG Willis

49,9

Construción e infraestruturas

Sacyr Vallehermoso

2,36

Autovía del Barbanza

20

Enerxía

Allarluz

12,98

Eolia Renovables

0,69

Gallega de Residuos Ganaderos

40

Gas Galicia

9,94

Grupo Norvento Enerxía

20 (en proyectos específicos)

Mistral Biocombustibles de Inversiones

2,12

Torre de Hércules

100

Finanzas

Ahorro Corporación

3,19

Banco Etcheverría

44,73

Lico Corporación

9,99

Tecnoloxía

Ozona Consulting

30,09

Tecnocom

20,05

Alimentación

Bodegas Terras Gauda

5

Cafento

15,1

Espectáculos

Cávea Producciones

100

Industria

Cupa Group

19,95

Plásticos Ferro

20,13

Biomedicina

CIMA – Centro de Investigación Médica Aplicada

1,6 (Digna Biotech)

1,6 (Proyecto de Biomedicina CIMA)

Capital risco

GesCaixa Galicia

100

I+D Unifondo

16

Unirisco Galicia

12,3

Vigo Activo

6,2

Economía social

Galega de Economía Social

18,24

Turismo

CXG Viaxes

100

Fomento de Iniciativas Náuticas

33

Inhova

25

Sociedad de Fomento y Desarrollo Turístico

24,99

Audiovisual

Veralia

3,64

Asistencia sociosanitaria

Resgal

100

Sogaserso

15,6

Ocio e saúde

Termaria – Casa del Agua

100

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: