MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE ASISTIRON HOXE Á REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "SILENCIO. VIVIMOS"

  • O espectáculo, basado nos textos de Adolfo Marsillach, comezou pasadas as 20.00 horas no salón de actos da Delegación da Xunta en Vigo, finalizando cunha invitación ao público a participar na mesma.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, agradeceu aos responsables da compañía o seu traballo pola integración das persoas con discapacidade intelectual.
  • A obra está incluída dentro do programa interactivo de teatro para persoas con dispacidade intelectual, física e sensorial.

Vigo, 29 de xuño de 2011.- Máis dun centenar de persoas con discapacidade intelectual, física e sensorial da cidade de Vigo achegáronse esta tarde ata a Delegación Territorial da Xunta para disfrutar da obra de teatro “Silencio… Vivimos”, unha representación da compañía de Blanca Marsillach e Varela Producións que está incluída dentro do programa interactivo de teatro para persoas con discapacidade que leva a cabo a propia compañía e que conta coa financiación da Consellería de Traballo e Benestar. Basada nos textos de Adolfo Marsillach, o espectáculo comezou pasadas as 20.00 horas e contou coa presencia dos principais colectivos sociais de persoas con discapacidade de Vigo coma son Aspanaex, San Francisco, Down Vigo, Fundación Integra, DOA, Asociación Párkinson, APAMP, CAPD Redondela ou Menela, entre outros, ademais doutros asistentes que quixeron achegarse ata a Xunta para presenciar a obra de teatro. Así, aínda que acudiron coma espectadores, a representación rematou cunha invitación ao público a participar no mesmo, tendo así os asistentes un certo protagonismo con distintas actividades co fin de deixar de ser meros espectadores do espectáculo. A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, asistiu tamén á representación da obra e agradeceu aos responsables da compañía e á propia Blanca Marsillach o seu traballo pola integración das persoas con discapacidade intelectual, física e sensorial a través de proxectos innovadores.

Tres partes e unha duración de 75 minutos

Esta versión teatral –adaptada para as persoas con discapacidade- consta de tres partes e terá unha duración total de 75 minutos. A primeira parte, foi unha introdución ao autor e aos personaxes. Na segunda parte, levouse a cabo a representación da obra propiamente dita similar a un ensaio íntimo e cercano do traballo dos actores, para rematar, por último, cunha actividade final na que o público asistente participou nunha escena que incluíu música contemporánea e explosións de confeti. Así, a través desta actividade se invita ao público a utilizar o escenario coma ferramenta na formación da seguridade e a autoconfianza. E converte este programa nun proxecto cultural único xa que na súa parte final os asistentes aprenden a abandoar a súa propia persoa para convertirse nun personaxe participando nunha serie de exercicios cos que se pretende incrementar a súa confianza e autonomía ademais de facilitar a comunicación e cooperación dos participantes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: