O Concello derribará mañá unha galería dun edificio da rúa Chao porque non reúne condicións de seguridade Vigo.

Vigo, 29 de xuño de 2011.– A Xerencia de Urbanismo, por orden da concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes proxectos, Carmela Silva, procederá mañá á demolición dunha galería dun edificio situado na rúa San Vicente, 6 (Eduardo Chao, 9) polo perigo que supón para a seguridade das persoas o estado actual da edificación. A orde de intervención inmediata chega despois de que a promotora, responsable da conservación do edificio, non adoptara as medidas urxentes de
seguridade que lle foron requeridas e notificadas pola Xerencia de Urbanismo o pasado 7 de xaneiro de 2011. Un informe realizado por técnicos da Xerencia tras unha inspección visual realizada o 27 de xaneiro, comprobou que, a pesares de que á promotora do edificio lle foi
concedida unha licenza na que se autorizaba a rehabilitación del edificio, con data 17 de xuño de 2010, a edificación de referencia continúa no mesmo estado e que, polo tanto, as medidas de seguridade seguían sen ser adoptadas. Ante o evidente avance deterioro do edificio e tras multar á promotora polo incumprimento da resolución do delegado da Área de Urbanismo, os técnicos da Xerencia conclúen que é necesario desmontar urxentemente a galería de ladrillo construída sobre a fachada orixinal, pechar os ocos da fachada fixando a carpintería orixinal e retirar os elementos que puideran ter risco inmediato de caída sobre a vía pública desta fachada ou da cuberta, garantindo a seguridade da edificación, da vía pública e dos edificios colindantes.

A Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: