Mañá terá lugar a primeira xunta de goberno da Deputación

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra quedará constituida mañá, venres, nun acto que presidirá o titular da institución provincial, Rafael Louzán.

O presidente provincial proporá que formen parte do órgano de goberno da Deputación de Pontevedra os 17 deputados que conforman o grupo maioritario da corporación. Con esa decisión, Louzán busca unha maior implicación dos deputados nas decisións que se adopten, así como que todos sexan coñecedores e partícipes das actuacións que se leven a cabo.

A primeira xunta de goberno da nova Corporación Provincial terá lugar ás 9 horas. As 10,15 horas na Sala de Prensa e na Sala de Comisións (só para gráficos) e, posteriormente, ás 10,30 horas, terá lugar unha Rolda de Prensa.

A nova xunta de goberno da Deputación de Pontevedra quedará formada polos seguintes deputados: Do Partido Xudicial de Vigo: José Manuel Figueroa Vila, Marta Iglesias Bueno, José Alberto Pazos Couñago, Alberto Valverde Pérez, Jesús Vázquez Almuiña e Severino Reguera Varela; do Partido Xudicial de Pontevedra: Ana Isabel Vázquez Reboredo, María Pilar Ramallo Vázquez, Begoña Estévez Bernárdez e José María Bello Maneiro; do Partido Xudicial de O Salnés: Rafael Louzán Abal, presidente, e Jorge Domínguez Rosal; do Partido Xudicial de Tui: José Nelson Cándido Santos Argibay e Pablo Baquero Alvarez; do Partido Xudicial de A Estrada: José Carlos López Campos; do Partido Xudicial de Lalín: Xosé Crespo Iglesias; e do Partido Xudicial de Ponteareas: Arturo Grandal Vaquero

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: