Ventana nueva Imprimir todo MATO APOSTA POR REFORZAR O APOIO AOS EMPRENDEDORES E PON EN VALOR O SEU PAPEL COMO “XERADORES DE EMPREGO”

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe o Congreso Internacional “Networking creando redes”, organizado pola Asociación de jovenes empresarios de Vigo (AJE Vigo)
  • Lembrou que o departamento autonómico destinará este ano 27 millóns de euros para axudar a emprendedores e autónomos, o que prevé beneficiar a máis de 4.000 persoas

Vigo, 30 de xuño de 2011.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apostou hoxe por reforzar o apoio aos emprendedores e por “poñer en valor a auténtica dimensión social do emprendedor, como dinamizador da riqueza e xerador de emprego”. Así o salientou hoxe durante a inauguración do Congreso internacional “Networking, creando redes”, que foi organizado pola Asociación de jóvenes emprsearios de Vigo (AJE Vigo). Neste sentido, destacou que o compromiso cos emprendedores é “asumido, compartido e exercido por todos os departamento autonómicos”. Máis en concreto, referiuse ás axudas que ten en marcha o departamento que dirixe en materia de autónomos e emprendedores. Ao respecto, lembrou que este ano a área de Traballo destinará un total de 27 millóns de euros a apoiar a este colectivo, un financiamento que beneficiará a máis de 4.000 persoas. Por outra banda, a conselleira fixo fincapé tamén en que tanto a Administración autonómica, os empresarios como os sindicatos están a traballar arreo no seo do diálogo social para deseñar “todas as medidas que sexan necesarias para reforzar a Galicia, ás súas empresas, e aos seus traballadores, de cara á saída desta crise”. Por último, Mato puxo en valor o papel dos emprendedores galegos e, moi especialmente, o dos mozos e mozas que están a “manter vivas as súas iniciativas neste tempos de grandes dificultades”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: