A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ADXUDICOU ONTE AS OBRAS DA SEGUNDA FASE DA REHABILITACIÓN DO MURO DO CEIP IGREXA-VALADARES DE VIGO

  • Os traballos de reparación e construción foron adxudicados este xoves, día 30 de xuño, por un importe de 32.174 euros, actuación que hoxe foi comunicada á asociación de pais do centro educativo, e que eleva a 60.000 euros a inversión total neste muro exterior do colexio vigués

Vigo, 1 de xullo de 2011.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do seu departamento territorial, iniciou este xoves o proceso de adxudicación dunha nova obra de reparación do muro do CEIP Igrexa-Valadares de Vigo por un importe de 32.174 euros. Esta actuación complementa a primeira reparación, que se tivera que facer o pasado mes de maio, por valor de 29.000 euros, nunha acción de urxencia debido ao derrubamento de terras que se produciron a causa das chuvias rexistrados na cidade. Esta obra afecta as terras lindantes nunha zona anexa o muro que, para maior seguridade, reforzarase o talude dándolle mellor pendiente e consolidación mediante formigón gunitado para conseguir a estabilidade desa parte. Así, garantízase a seguridade do alumnado e de todas as persoas que utilizan esa instalación educativa, seguindo as instrucións do informe preceptivo da unidade técnica do departamento territorial de Educación. Hoxe, a Delegada Territorial da Xunta, Lucía Molares, e o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, mantiveron un encontro con portavoces da asociación de pais e nais do CEIP Igrexa-Valadares, a quen se lles comunicou esta nova actuación.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: