A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA RECIBE 21 MILLÓNS DE EUROS DE FONDOS EUROPEOS PARA DESENVOLVER CATRO PROXECTOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS, EFICIENCIA ENERXÉTICA, DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DE DEZA E INSERCIÓN SOCIOLABORAL VALORADOS EN 29 MILLÓNS

A Deputación de Pontevedra recibirá 21 millóns de euros de fondos europeos para desenvolver tres proxectos que presentou á convocatoria dos Fondos Feder e un do Fondo Social Europeo. Son os proxectos Depo Tic (de novas tecnoloxías e 11,3 millóns para a provincia), Depo Gap (de tecnoloxías e eficiencia enerxética, 8,7 millóns), Depo Deza (proxecto de patrimonio e gastronomía da Comarca do Deza con 5,6 millóns de euros) e Aquelando 3 (proxecto de inserción sociolaboral de 3,4 millóns para toda a provincia). O presidente, Rafael Louzán, sinalou que a concesión, que foi publicada hoxe no BOE, supón o 40% do total dos fondos aprobados para Galicia. A Deputación de Pontevedra solicitara proxectos por valor de 30 millóns de euros e foronlle concedidos 21 millóns (o 70% do demandado). Estes datos converten á institución provincial pontevedresa na primeira galega en canto á recepción de cuantías.

Dende o ano 2003, a Deputación de Pontevedra captou 82 millóns de euros de fondos europeos para desenvolver diversos proxectos estratéxicos para a provincia en novas tecnoloxías, turismo, patrimonio, creación de emprego, medio ambiente, etc.. Agora, cos proxectos hoxe aprobados, esta cantidade superará os 100 millóns de euros. Na concesión feita pública hoxe figuran tamén con proxectos aprobados a Deputación de Lugo e os concellos de A Estrada e Redondela (pois os de máis de 25.000 habitantes poden presentar plans pola súa conta).

Os proxectos concedidos á Deputación de Pontevedra son os seguintes:

    PRESUPOSTO AXUDA CONCEDIDA    
FONDOS FEDER DEPO TIC 11.341.372,21 7.938.960,55 40 % DO CONCEDIDO A GALICIA  
DEPO GAP 8.794.257,70 6.155.980,39  
DEPO DEZA 5.622.475,01 3.935.732,51  
FONDO SOCIAL AQUELANDO 3 3.473.232,33 2.778.585,86 18% do concedido a Galicia  
    29.231.337,25 20.809.259,31 71,20%  

3 PROXECTOS APROBADOS DOS FONDOS FEDER

<DEPO TIC>. Proxecto de 11,3 millóns de euros, de Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Concedido: 7,9 millóns. Toda a provincia. Para crear:

  • Un Centro Provincial de Asesoramento Virtual
  • Un modelo de comercio electrónico para Pemes
  • Oficiñas de tramitación e de Administración Electrónica
  • Un Centro de coñecemento avanzado para explotación do Patrimonio Documental e Bibliográfico
  • Un Centro Provincial de Asesoramento Empresarial e de emprendedores
  • A Potenciación de servizos sociais.

<DEPO GAP>. Proxecto de 8,7 millóns. Para un inventario de activos provinciais dotando ós concellos de información interna que lles permita optimizar a súa xestión. Concedidos: 6,1 millóns. Afecta a toda a provincia:

  • Dotaráse de tecnoloxía ós concellos para que conten cunha ferramenta de xestión de activos provinciais
  • Realizaráse unha proba piloto para identificar a utilidade da ferramenta de xestión coa Eficiencia Enerxética.

<DEPO DEZA>. Proxecto de 5,6 millóns de euros para atender as necesidades da Comarca do Deza. Concedidos: 3,9 millóns. Afecta ós seis concellos coas seguintes actuacións:

  • Inventario da cultura castrexa e a súa posta en valor
  • Dinamización do sector gastronómico e agroalimentario coa potenciación da Festa do Cocido e establecendo unha Rede Gastronómica na comarca.
  • Mellorando a calidade dos productos agroalimentarios
  • Creación dun GIS turístico-cultural e gastronómico
  • Creación dun modelo de potenciación da comercialización na comarca
  • Creación dun Plan de promoción e difusión.

1 PROXECTO APROBADO DO FONDO SOCIAL EUROPEO

<AQUELANDO 3>. Proxecto de inserción sociolaboral

  • Este proxecto pretende dar continuidade ó traballo realizado ata agora en canto a formación e inserción laboral de desempregados na provincia. Tén un presuposto de 3,4 millóns de euros. Foron concedidos 2,7 millóns.
  • Os Aquelando anteriores xestionaron 3,2 millóns de euros, capacitaron a 687 personas e 306 desempregados atoparon traballo a través deles:
  • Aquelando 1. Ano 2006. Participaron 238 personas (232 mulleres e 6 homes). Acadou unha inserción laboral do 64%: un total de 92 personas foron contratadas. Tiña un presuposto de 890.808 euros.
  • Aquelando 2. Ano 2008. Participaron 449 personas en cursos de atención a personas, servizos, catering e servizos de limpeza. Acadou unha inserción laboral do 47,6%: un total de 214 personas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: