A XUNTA CONSIDERA QUE AS CONSTANTES SUBAS DA LUZ PREXUDICAN A ECONOMÍA DOS CONSUMIDORES, OS AUTÓNOMOS E AS PEMES GALEGAS

 

  • A  última suba do recibo da luz anunciada polo Goberno Central vén de encarecer máis dun 11% o recibo durante este ano 2011

  • A Xunta considera ilóxico que esta tarifa teña subido máis do 20% dende xaneiro de 2010, moi por riba do IPC, coa suba do IVE e a conxelación das pensións
  • O Goberno Central negou á Consellería de Economía e Industria e a outras comunidades autónomas a posibilidade de afrontar o caos eléctrico na Conferencia Sectorial de Consumo, tal e como se lle demandou
  • Galicia recabou o apoio de outras comunidades autónomas para aplicar un novo modelo de recibo da luz máis transparente para os consumidores

  • Economía e Industria abriu expedientes ás eléctricas e ten en marcha unha Lei de Protección ao Consumidor

  • O programa Belenus da Xunta, de formación e información á cidadanía no eido eléctrico, suple a falta de iniciativas do Goberno Central neste eido

Santiago, 01 de xullo de 2011.- A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia considera que as constantes subas da tarifa eléctrica prexudican aos consumidores, os autónomos e as pemes galegas, e por eso insiste unha vez máis en que é necesario que o Goberno Central afronte unha revisión en profundidade do sistema para racionalizar os gastos e modificar a metodoloxía dos prezos da enerxía e así deixar de poñer parches e non afectar ás economías dos cidadáns, os autónomos e os pequenos e medianos empresarios. A última suba do recibo da luz anunciada polo Goberno Central vén de encarecer máis dun 11% o recibo durante este ano 2011, e esta tarifa tense incrementado máis dun 20% -sumándolle os aumentos do 2,64% e o 4,8% rexistrados en xaneiro e outubro de 2010 e a suba do 2% do IVE de Xullo- de xeito acumulado no periodo comprendido entre xaneiro de 2010 e xullo de 2011.

 

A Xunta, que cre que o Goberno Central tivo e ten marxe para conxelar o recibo até final de ano, considera ilóxico que esta tarifa teña subido máis do 20%, moi por riba do IPC, coa suba do IVE e a conxelación das pensións. E todo isto coa falta de compromiso do Goberno Central como telón de fondo, que negou á Xunta e a outras comunidades autónomas o dereito a discutir o caos eléctrico na Conferencia Sectorial de Consumo, tal e como reclamou o propio conselleiro de Economía e Industria Javier Guerra. A Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Economía e Industria, está a destacar por ser o Goberno autonómico máis preocupado polos efectos dos problemas derivados da tarificación eléctrica, e entre os seus obxectivos fundamentais está defender os dereitos dos consumidores fronte aos abusos das eléctricas e os constantes incrementos da factura da luz.

 

Deste xeito, a Xunta recabou o apoio inicial de 5 CC AA para instar ao Goberno Central a aplicar un modelo único de recibo da luz máis sinxelo e transparente para os consumidores no que Economía e Industria leva traballando meses, e ademais téñense aberto expedientes ás eléctricas por publicidade enganosa e entorpecer o labor dos inspectores. Por outra banda, Galicia tamén ten sumado esforzos con outras CC AA españolas para reclamar lecturas mensuais dos contadores ao Ministerio de Industria, e ten prevista unha Lei de Protección ao Consumidor con importante medidas no eido eléctrico.

 

Ademais, a Xunta puxo en marcha o programa Belenus, que ten o obxectivo de achegar á cidadanía formación e información sobre o cambio nas tarifas eléctricas, con especial atención á Tarifa de Último Recurso, á Tarifa Social e ás tarifas de discriminación horaria, así como as vantaxes da contratación e requisitos de cada unha delas para suplir a falta de iniciativas neste eido por parte do Goberno Central.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: