Festa da Cultura de Vigo

A Festa da Cultura de Vigo, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, reúne máis dun millar de artistas nunha fin de semana, que se celebrará na Porta do Sol durante o sábado e o domingo 2 e 3 de xullo dende ás 10:00h ata ás 00:00h ámbolos dous días. Por segundo ano consecutivo a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza o seu acto de confraternidade aberto a cidadanía viguesa e a cidade de Vigo. Este ano baixo a denominación de “Festa da Cultura de Vigo”. O emprazamento elixido é a Porta do Sol, por ser este un punto xeográfico moi importante para a cidade, e celebrarase o longo de toda a fin de semana.

As vinte e tres entidades sen animo de lucro que forman parte da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo estarán representadas nesta Festa. Todas elas poderán expoñer e amosar a actividade cultural que realizan durante todo o ano pola nosa cidade. O longo da rúa de Príncipe ata a Porta do Sol cada unha disporá dun stand no que facernos chegar o seu bo facer. Na Porta do Sol tamén estará ubicado un escenario no que hai previsto unha programación de máis de 20 horas de actuacións de música, teatro, danza, e un longo etcétera, nas dúas xornadas da fin de semana. A actividade comezará o sábado ás 10:00h da mañá, no que empezarán a soar ás primeiras notas musicais e non cesarán ata o domingo ás doce da noite. Ademáis dunha pequena representación dos grupos federados a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo estarán como artistas invitados o grupo Folc Xistra de Coruxo o sábado pola noite e a afamada gaiteira Susana Seivane, que será quen de por punto e final a esta fin de semana intensiva de folclore na nosa cidade, ofrecéndonos un concerto que será o broche de ouro o domingo pola noite.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: