LOUZÁN REDUCE A DÚAS AS VICEPRESIDENCIAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NAS PERSONAS DE JOSÉ MANUEL FIGUEROA E XOSÉ CRESPO

A deputada Begoña Estévez compartirá portavocía con Figueroa e Crespo

A Deputación de Pontevedra contará con dúas Vicepresidencias, ocupadas por José Manuel Figueroa e Xosé Crespo, e con tres portavoces que serán os anteditos e tamén a deputada Begoña Estévez.

Así o informou hoxe o presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, trala celebración da primeira xunta de goberno. Ésta estará formada polos 17 deputados do grupo maioritario, ainda que só 9 contarán con voz e voto: Xosé Crespo, Jorge Domínguez, Begoña Estévez, José Manuel Figueroa, José López Campos, Pilar Ramallo, Nelson Santos, Alberto Valverde e José Vázquez Almuiña, ademais do presidente Rafael Louzán.

Máxima implicación e adicación

Louzán destacou que, coa antedita configuración do goberno provincial, buscaba a máxima implicación e adicación de todos e de tódolos sectores sociais para liderar a saida da crise económica na provincia. <Quero que todos participen e traballen de maneira activa nas actuacións e nas decisións da Deputación de Pontevedra>, dixo.

Reducción superior ó 30%

Destacou tamén que nos vindeiros días dará a conocer a organización e as reduccións previstas para o mandato 2011-2015. <Informaremos en detalle da reducción de dedicacións exclusivas, organismos autónomos, patronatos, comisións informativas, xefaturas de servizo, personal eventual, etc., así como da baixa xeralizada de salarios>, afirmou.

O presidente da Deputación de Pontevedra anunciou tamén que, antes de que se celebre o preceptivo Pleno de Organización (antes do día 11), terá unha xuntanza cos portavoces da oposición para consensuar diversos aspectos orgaizativos.

<De momento, podo anunciar que a reducción prevista será superior ó 30%>, conclueu.

As xuntas de goberno do organismo provincial terán lugar, perante este mandato, os venres ás 9 horas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: