Mercado Berbés, Mercado Progreso, Vigo Vello e Zona Centro únense baixo o nome "Vigo Histórico" a favor do Comercio de Vigo
Baixo o nome de “Vigo Histórico” nace unha iniciativa que ten como finalidade traballar polo comercio do centro da cidade e analizar toda a potencialidade dun sector que nos últimos anos avanzou considerablemente.
“Vigo Histórico” e a unión de diferentes asociacións (Mercado Berbés, Mercado Progreso, Vigo Vello e Zona Centro) que viron na alianza a opción de poder facer do comercio un dos estandartes da cidade. Por este motivo, querese consolidar esta iniciativa organizando cada ano unha xuntanza onde poder falar e compartir opinións sobre o noso sector.
Nesta reunión anual a federación homenaxeará a unha persoa que estime oportuno, tendo en conta a súa traxectoria na defensa do comercio.
Nesta primeira edición, que se realizará o día 2 de Xullo as 22 h. no Hotel Carrís Beiramar, “Vigo Histórico” quere rendir homenaxe a Santiago Domínguez polo seu traballo neste campo así como a sua implicación en todo o que se refire ao comercio de Vigo. Entre as inicitativas que queren destacar atópanse:
- Reforma do Mercado Progreso.
- Proxecto de reforma do Mercado Berves.
- Axudas directas o comercio para compensar as obras.
- Bus eléctrico no centro de Vigo.
- Subvención para aparcamento e bus para o comercio no centro.
- Plataforma dixital de tendas por Vigo.
- Axudas a familias necesitadas para comprar no comercio de Vigo.
- Campañas de promoción.