museo Verbum a 2ª sesión das Merendaceas – Vigo

mañá venres 1 de xullo a partir das 20.30 horas terá lugar no salón de actos do museo Verbum a 2ª sesión das Merendaceas con entrada gratuíta para todos os asistentes ata completar aforamento.

RESUMO:

Despois do sorprendente éxito de público da primeira convocatoria, celebrada en marzo deste ano, a poesía volve ao escenario da Casa das Palabras de Vigo coa segunda sesión de Merendacea producida polo Verbum.

Merendacea é un espectáculo de variedades poéticas creado colectivamente por unha serie de artistas que procuran explorar novos camiños para a lírica. Neses camiños cabe a videocreación, a música en directo, a danza, o teatro, a pintura e mesmo o humor, elementos que se poderán ver nos pequenos números que compoñen esta segunda merendola lírica.

Desta ocasión, os versos correrán por conta de Estíbaliz Espinosa, Lucía Aldao, María Lado, Lara do Ar, Daniel Landesa (que une os seus esforzos ao músico Mr. Carácter), Ledicia Costas (quen contará coa colaboración da bailarina Nuria Carballido), Elvira Riveiro, Xabier Xil Xardón, Xosé Manuel Esperante e Nolim González, que virá acompañado do Dj Cocón.

A pintora e deseñadora María Longa é, desta volta, a autora dos obxectos poéticos que se sortearán entre os asistentes. A artista Nela Quesada participará cunha intervención en directo.

Os espontáneos e insuperables músicos Carlos Castro e David Santos, chegados da órbita da orquestra de improvisación OMEGA, porán cordura e música en directo. A tralla e a arroutada tráea o atlántico Xurxo Souto, que fará ás veces de presentador e mestre de cerimonias.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: