Noticias Ayuntamiento de Vigo 01-07-11


O alcalde presentou a campaña estival de vixilancia de lumes, que amplía a información e supervisará os Bens de Interese Cultural

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, presentaron este venres a campaña de prevención de lumes da Policía Local, a través da sección especializada Unidade Medioambiental de Intervención Rápida. A iniciativa comeza hoxe e prolongarase ata o 30 de setembro, incorporando novidades como paneis informativos para evitar verquidos nos montes e vixilancia diaria dos Bens de Interese Cultural da cidade.

 


Abel Caballero avanza que a reforma do Mercado do Progreso comezará a vindeira semana

Segundo explicou o primeiro edil, a Xunta de Goberno Local celebrada este venres deu luz verde á aprobación do Plan de Seguridade e Saúde das obras de reforma deste centro, e adiantou que os traballos darán comezo a vindeira semana. Esta iniciativa municipal proporcionará “melloras certamente excepcionais” ao Mercado e aos seus usuarios, apuntou Caballero.

 


Silva avalou o derrubo dunha parte dun edificio no Casco Vello polo “interese de salvagardar a seguridade”

A concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos, Carmela Silva, presenciou hoxe venres o inicio da demolición parcial dun edificio situado na rúa Eduardo Chao, actuación acometida “no interese de salvagardar a seguridade”. Explicou que esta orde de execución urxente chega despois de que a promotora, responsable da conservación do edificio, non adoptara as medidas urxentes de seguridade que lle foron requeridas pola Xerencia de Urbanismo o pasado mes de decembro

 


Caballero reuníuse con xornalistas británicos, parte dunha iniciativa municipal de promoción da cidade no exterior

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro Turismo e Comercio, Cayetano Rodríguez, recibiron este venres a un grupo de xornalistas británicos, chegados onte á cidade dentro dunha acción promocional do Concello. Dentro do convenio con Vueling para o voo Vigo-Londres, o Concello incluíu a realización de actividades de promoción turística e comercial da cidade no exterior, cláusula da que forma parte esta visita de xornalistas especializados.

 

Pechada ao tráfico a rúa LIÑARES (Coruxo)

 

En xullo e agosto FEIRA cambia de datas e amplía o seu horario ás tardes

 

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS

 

ACTIVIDADES INTERXENERACIONAIS DO VERÁN NOS PARQUES BIOSAUDABLES E PRAZAS DA CIDADE 2011

 

PRAZAS DISPOÑIBLES NOS CAMPAMENTOS VERÁN XOVE 2011 DA CONCELLARÍA DE XUVENTUDE

 

CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN DE UN MÉDICO-PSIQUIATRA PARA A UNIDADE ASISTENCIAL CEDRO

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: