O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA HOXE O DECRETO POLO QUE SE REGULA O CONSELLO GALEGO DE PESCA

  • A composición do pleno entrará en vigor en 20 días e contará por primeira vez con representantes da Federación Galega de Confrarías, das Federacións Provinciais e da pesca marítima de recreo

Santiago, 1 de xullo de 2011.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto que regula o Consello Galego de Pesca (CGP) elaborado pola Consellería do Mar, que contempla as súas funcións e regula a súa composición. Tras revisar a estrutura deste órgano de asesoramento, o departamento que dirixe Rosa Quintana reformulou e simplificou as comisións sectoriais que o compoñen, que pasan de 15 a 10 Outras das novidades deste documento é a entrada da Federación Galega de Confrarías no pleno do Consello. A anterior composición non recollía este órgano xa que foi creado con posterioridade. Así, coa entrada en vigor da nova composición haberá dous representantes da federación Galega de Confrarías e dous por cada Federación Provincial. Tamén se incorpora ao pleno unha representación da pesca marítima de recreo no pleno de Consello, un membro da pesca en superficie e outro da pesca submarina tal e como demandaban estes colectivos.

 

O Consello Galego de Pesca é un órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia nos asuntos da pesca, marisqueo e acuicultura. Estrutúrase en dous órganos, o pleno, con 55 membros entre presidente, vicepresidente e vogais, e as 10 comisións sectoriais en relación cos temas específicos de cada área, cunha media de 13 membros. A nova composición entrará en vigor dentro de 20 días. O CGP colabora coa Consellería na elaboración da planificación pesqueira, marisqueira e acuícola e na programación de estudos sobre as distintas actividades que poidan favorecer o desenvolvemento do sector pesqueiro galego. Ademais entre as súas funcións están estudar e propór as reformas que considere precisas na regulamentación con incidencia no sector pesqueiro galego e achegar suxestións respecto das políticas que afecten ao sector no seu conxunto

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: