Archivo | julio 2, 2011

CURSO: PROMOCION DA SAÚDE MENTAL DENDE O TEMPO LIBRE

DATAS: 1-2-8 de outubro.

HORARIO: de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.

PRAZAS: 25.

MODALIDADE: presencial.

HORAS TOTAIS: 24 horas.

LUGAR: Vigo.

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 23 de setembro.

CONTIDOS:

1. Obradoiro autoestima e saúde para o tempo libre.

2. Intervención educativa e saúde mental.

3. Promoción da saúde dende a animación deportiva.

4. Módulo práctico para desenvolver no programa da Escola Xaruma-

Programa Naturalmente con persoas con discapacidade (mércores,

venres e sábado polas tardes)

COTA DE INSCRICIÓN: 25

Correo electrónico: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.es

Para máis información entrade neste enlace, onde terede máis información e o FORMULARIO para MATRICULARVOS.

http://xuventude.xunta.es/plan-de-formacion-no-eido-do-tempo-libre-2011.html

 

 


 

 

MÁSTER JOYERÍA DE LA ESCUELA DEL ATLÁNTICO EN MÉXICO

LA ESCUELA DE JOYERÍA DEL ATLÁNTICO LLEVARÁ SU EXPERIENCIA A LA UNIVERSIDAD IBEROAMERICANA DE MÉXICO

El director del centro gallego impartirá en ese país un máster class sobre diseño de joyas y ofrecerá conferencias sobre la joyería de autor en Europa

Vigo, 2 de julio de 2011.- El director de la Escuela Técnica de Joyería del Atlántico, Carlos Pereira, viaja mañana a México en donde tiene previsto impartir un “máster class” sobre diseño de joyas en la Universidad Iberoamericana de Puebla. Leer Más…

ASTER XIRAS E ESPECTACULOS – Inscrición ata o 20 de xullo

MASTER en XIRAS MUSICAIS e ESPECTÁCULOS

La Universidad de Santiago de Compostela ha aprobado el nuevo Master en Giras Musicales y Espectáculos para el próximo curso 2011/2012. Esta nueva oferta docente recoge las demandas de un subsector, el de la música y los eventos en directo, bien asentado en la economía de nuestra comunidad y en claro ascenso en el entorno internacional. Si bien la música grabada sufre las consecuencias de la piratería, las orquestas y la música y los espectáculos en vivo aumentan año a año su facturación y su presencia entre nosotros. Esta pujanza económica requiere de profesionales bien formados que permitan asentar este subsector en nuestra comunidad. Así, la industria local es partícipe de esta iniciativa, de la que espera egresados con capacidad para prestar sus servicios al más alto nivel en cualquier entorno geográfico. Leer Más…

Obradoiros de Verán 2011. Museo do Mar de Galicia e Salinae – Vigo

Dende o Museo do Mar de Galicia e Salinae queremos darlle a benvida ao verán  con novos obradoiros durante os meses de xullo e agosto. Como o mar une Galicia con outros países, este ano queremos que todos os nenos e nenas se acheguen a outras culturas a través das súas linguas. Para isto propoñemos unha actividade de verán na que estarán moi presentes, a través do xogo, as linguas inglesa e francesa. Durante 4 semanas desenvolveranse obradoiros diferentes que se repetirán en xullo e agosto organizados por franxas de idade que irán desde os 5 aos 14 anos. Os obradoiros comezarán o día 5 de xullo e rematarán o 26 de agosto. O horario de actividade será de 10.00h a 14.00h. Neste espazo temporal compaxinarase a oferta pedagóxica (os obradoiros científicos e artísticos) coa lúdica (os xogos cooperativos e as visitas á praia). Nos obradoiros o uso dos idiomas será por inmersión, de xeito que se incorporen na práctica diaria dos participantes. Como novidade, a oferta deste ano inclúe a posibilidade de solicitar o servizo Madruga, con horario de 8:00 h. a 10:00 h. (inclúe o almorzo) e de 14:00 h.  a 15:00h (servizo friameira). As persoas que soliciten deixar aos rapaces a última hora da mañá poden mandarlles a friameira coa comida para que coman no Museo ou en Salinae. Leer Más…

!Auga o sangue da terra! obradoiros – Vigo

Con motivo da mostra fotográfica de Manuel Valcárcel “Auga, o sangue da terra”, Novacaixagalicia invita a todos os nenos a
participar nos seus obradoiros de verán. Embarcarémonos nunha trepidante viaxe buscando o ben máis prezado da terra, a auga. Acompañados dun misterioso e fantástico personaxe, mergullaremos polas augas dos cinco continentes. Ao seu lado aprenderemos a ver, observar e crear con materiais  reciclados e, sobre todo, gozaremos de grandes doses de pintura e todo un
mundo de cor…
INFORMACIÓN PRÁCTICA
A partir do 6 de xullo de 2011
Localización: Centro Social Novacaixagalicia en Vigo (Policarpo Sanz, 24-26)
Horario: de 11.00 a 13.00 h
Actividades: visitas teatralizadas á exposición
na súa sede do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo.
Talleres infantís, emocionantes e instructivos.
Reserva: no teléfono 986 100 469
TODOS OS NENOS ASISTENTES RECIBIRÁN COMO OBSEQUIO UNHAS ENTRADAS DE NATURNOVA
Opcións
Un pato perdido no deserto Misión: salvar os mares e os ríos Ao auga, ¡patos!

Agenda semanal CFV – Vigo

 

MARTES, 5 DE JULIO

  • Jornada Encuentra TIC: ¿Cómo se puede beneficiar tu negocio del ‘cloud’?

LUGAR: Salón Nogueira Dalmás

HORA: 11:00 Leer Más…

Segunda etapa da Marcha de Vigo e comezo da de Pontevedra

A Marcha de Vigo afrontou hoxe a súa segunda etapa, a máis dura do percorrido de catro xornadas cara a Santiago de Compostela. Despois de pasar a noite en Pontevedra abandonaban a cidade do Lérez pasadas as nove da mañá tras unírselle un grupo de desempregados e desempregadas locais. Por diante, os 35 quilómetros de distancia até Pontecesures, onde pasan a noite. Antes tocaba parar en Caldas de Reis para xantar e repoñer forzas. Antes de que remate o traxecto, previsto para as 19.00 horas, terá lugar unha nova parada á altura de Valga. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, percorreu canda eles os primeiros quilómetros en sinal de apoio e lembrou que coa iniciativa preténdese “denunciar a enorme problemática do desemprego, que afecta xa a unhas 240.000 persoas, das que unha parte moi importante non cobra ningunha prestación”. O máximo responsábel da central nacionalista, que estivo acompañado polo secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Rafael Iglesias, asegurou que nestes momentos resulta fundamental chamar a atención da cidadanía e pedir a solidariedade cos traballadores e traballadoras afectados por esta situación. “Reclamamos dos Gobernos central e galego a posta en marcha de novas políticas que favorezan a creación de emprego, ao tempo que alertamos do deterioro que se está a producir no tecido produtivo mentres canalizan os recursos cara o sistema financeiro”, indicou. Finalmente, lembrou que o único xeito de facerlle fronte a esta problemática é dando unha contestación social mediante a mobilización e animou a todos os galegos e galegas a participar na manifestación do vindeiro domingo día 3 en Compostela.

EXTINGUIDO O LUME FORESTAL REXISTRADO NO CONCELLO PONTEVEDRÉS DE COTOBADE

Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 170 hectáreas

Santiago, 2 de xullo de 2011.- A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, na parroquia de Viascón. O lume iniciouse ás 15:55 horas da tarde do xoves, 30 de xuño, e quedou extinguido á 01:54 horas desta madrugada. Segundo unha primeira valoración provisional, a superficie afectada é de 170 hectáreas, das cales 68 son de arborado e 102 de monte raso. Leer Más…

O DIRECTOR DE I+D+I DESTACA A AUTOMOCIÓN COMO ÁMBITO DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE PARA GALICIA

  • Ricardo Capilla clausurou o curso académico da Universidade Corporativa do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia
  • O director xeral lembrou que a innovación en sectores que foron tradicionalmente líderes en ofertar emprego é unha prioridade para Galicia Leer Más…

Israel cerca a Flotilla a Gaza con buques militares para impedir que saia do porto de Creta

A Confederación Intersindical Galega condena que civiles que só pretenden levar axuda humanitaria a Gaza fosen cercados por buques militares israelíes para impedir a súa saída do porto grego de Creta. O responsábel do departamento de Internacional e Cooperación da central nacionalista, Moncho Boán, informa desde o terreo que o exército de Israel está a impedir a misión humanitaria. Boán é un dos cinco galegos que viaxan na expedición que partiu dende o Estado español.
A CIG reclámalle aos Gobernos español e galego que presionen a Israel para que permita zarpar a flota de axuda a Gaza.

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.galizacig.com/avantar/novas/29-6-2011/a-ii-flotilla-da-liberdade-ultima-os-detalles-loxisticos-antes-de-sair-cara-a-gaza