EXTINGUIDO O LUME FORESTAL REXISTRADO NO CONCELLO PONTEVEDRÉS DE COTOBADE

Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 170 hectáreas

Santiago, 2 de xullo de 2011.- A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, na parroquia de Viascón. O lume iniciouse ás 15:55 horas da tarde do xoves, 30 de xuño, e quedou extinguido á 01:54 horas desta madrugada. Segundo unha primeira valoración provisional, a superficie afectada é de 170 hectáreas, das cales 68 son de arborado e 102 de monte raso.

Nos labores de extinción deste lume traballaron 2 técnicos, 10 axentes forestais, 21 brigadas, 7 motobombas, 3 palas, 11 helicópteros e 9 avións; así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias  Nos traballos de extinción deste incendio producise unha incidencia cunha pala, que envorcou nun desnivel mentres realizaba labores de desbroce para abrir un cortalumes. Non houbo que lamentar danos persoais, pero a máquina quedou inoperativa polo que foi substituída, incorporándose dúas palas máis aos efectivos de extinción.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: