O DIRECTOR DE I+D+I DESTACA A AUTOMOCIÓN COMO ÁMBITO DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE PARA GALICIA

  • Ricardo Capilla clausurou o curso académico da Universidade Corporativa do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia
  • O director xeral lembrou que a innovación en sectores que foron tradicionalmente líderes en ofertar emprego é unha prioridade para Galicia

Santiago, 1 de xullo de 2011.- O director xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, sinalou esta tarde ao sector da automoción como “ámbito de especialización intelixente para Galicia”. Durante a clausura do curso académico da Universidade Corporativa do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), Capilla lembrou que o aproveitamento das políticas de impulso á innovación da Unión Europea (UE) pasa directamente polo aliñamento coas súas prioridades, que recentemente revelaron o seu interese por que as rexións adopten estratexias de especialización intelixente. “O peso económico do sector da automoción en Galicia e, sobre todo, a súa capacidade para contribuír de xeito decisivo no crecemento do país a través da iniciativa innovadora xustifican sobradamente que desde a Xunta poñamos todos os recursos posibles para apoiar as empresas que o forman”, asegurou. Durante o acto celebrado esta tarde en Vigo, Capilla felicitou ao CEAGA pola posta en marcha da súa universidade corporativa, “unha iniciativa da que espero que tomen nota outros sectores porque a aposta polo talento e por compartir o coñecemento son algunhas das chaves da competitividade”. Neste sentido, o director xeral de I+D+i sinalou que ambos os dous aspectos están recollidos de maneira explícita no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015, que contempla como dous dos seus eixos estratéxicos a xestión do talento e a innovación como motor de crecemento, co impulso dos modelos colaborativos entre as súas prioridades. “A innovación en sectores que foron tradicionalmente líderes en ofertar emprego é unha prioridade para Galicia”, expresou Capilla, que relacionou con isto a atención específica á industria da automoción que a Xunta lle presta no Programa Sectorial de Transporte do I2C. Capilla insistiu na necesidade de que os centros de coñecemento e as empresas traballen conxuntamente na valorización dos resultados de investigación para poder xerar proxectos cooperativos de envergadura que permitan acceder a instrumentos de financiamento estatais e comunitarios. Neste sentido, lembrou que antonte mesmo se deron a coñecer as liñas que dirixirán as políticas europeas en materia de axudas rexionais, das que se desprende que estas se vincularán necesariamente á calidade e aos resultados dos proxectos. “O reto que se abre logo de 2013 é complexo e supón que se acabou o café para todos, polo que hai que prepararse para ser moi competitivos”, advertiu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: