Obradoiros de Verán 2011. Museo do Mar de Galicia e Salinae – Vigo

Dende o Museo do Mar de Galicia e Salinae queremos darlle a benvida ao verán  con novos obradoiros durante os meses de xullo e agosto. Como o mar une Galicia con outros países, este ano queremos que todos os nenos e nenas se acheguen a outras culturas a través das súas linguas. Para isto propoñemos unha actividade de verán na que estarán moi presentes, a través do xogo, as linguas inglesa e francesa. Durante 4 semanas desenvolveranse obradoiros diferentes que se repetirán en xullo e agosto organizados por franxas de idade que irán desde os 5 aos 14 anos. Os obradoiros comezarán o día 5 de xullo e rematarán o 26 de agosto. O horario de actividade será de 10.00h a 14.00h. Neste espazo temporal compaxinarase a oferta pedagóxica (os obradoiros científicos e artísticos) coa lúdica (os xogos cooperativos e as visitas á praia). Nos obradoiros o uso dos idiomas será por inmersión, de xeito que se incorporen na práctica diaria dos participantes. Como novidade, a oferta deste ano inclúe a posibilidade de solicitar o servizo Madruga, con horario de 8:00 h. a 10:00 h. (inclúe o almorzo) e de 14:00 h.  a 15:00h (servizo friameira). As persoas que soliciten deixar aos rapaces a última hora da mañá poden mandarlles a friameira coa comida para que coman no Museo ou en Salinae.

MUSEO DO MAR DE GALICIA
SEMANA 1. PIRATAS, MONSTROS MARIÑOS E SEREAS
Obradoiro coa literatura como fío condutor.
SEMANA 2. PROA AO MUSEO
Obradoiro de embarcacións.
SEMANA 3. EXPLORA NO MEDIO MARIÑO
Obradoiro de biodiversidade e ecosistemas costeiros.

SEMANA 4. REDES, NASAS E ANZOIS
Obradoiro sobre artes e aparellos de pesca.
Recoméndase levar traxe de baño, gorro, protector solar e a merenda para media mañá.
SALINAE

No centro arqueolóxico Salinae, realizarase o obradoiro “Modus vivendi” destinado a nenos e nenas que se dividirán de 5 a 7 anos e de 8 a 10 anos.
“MODUS VIVENDI”
As actividades deste obradoiro están ideadas para familiarizar aos nenos e nenas coa antigüidade dun xeito lúdico a través de visitas a xacementos, xogos romanos, prácticas
de escavacións, arqueoloxía
experimental e artesanía.

INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS
Haberá dúas posibilidades para solicitar unha praza; cubrindo o formulario de inscrición da páxina web do museo http://www.museodomar.com ou contactando directamente co Departamento de Educación chamando ao teléfono 986247691 en horario de 11.00h a 14.00h de luns a venres.

TARIFAS DA ACTIVIDADE
TARIFA Horario Socios A babor Non socios
A- Obradoiro con servizo
Madruga
8h a 15h (inclúe almorzo) 25€/semana 40€/semana
B- Obradoiro 10h a 14h 15€/semana 25€/semana

CALENDARIO DE ACTIVIDADES
MdoM
Título Datas Modo de inscrición
“Piratas, monstros mariños e sereas” 5-8 xullo
2-5 agosto
A través da páxina do museo:
http://www.museodomar.com
ou chamando ao teléfono
986 247 691
“Proa ao Museo” 12-15 xullo
9-12 agosto
“Explora no medio mariño” 19-22 xullo
17-19 agosto
“Redes , nasas e anzois” 26-29 xullo
23-26 agosto

Salinae
Título Datas Modo de inscrición
“Modus vivendi” xullo e agosto A través da páxina do museo:
ESPERÁMOSVOS!!!
http://www.museodomar.com
ou chamando ao teléfono
986 247 691

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: