Esta fin de semana celébrase o II Minho Reggae Splash

A próxima fin de semana o municipio luso de Vila Nova de Cerveira acolle a segunda edición do Festival Internacional Minho Reggae. Tendes toda a información dos concertos e a programación paralela no dossier axunto. Para máis información www.minhoreggaesplash.com ou no número de teléfono 671393606. Máis tempo, máis actividades paralelas, máis concertos, máis servizos, máis comodidades e por suposto moito reggae e moi bo ambiente. Así regresa o Minho Reggae Splash na súa segunda edición apostando pola fusión das dúas marxes do Minho a través da música, a cultura, o respecto a natureza e o deporte. Con músicos chegados de Brasil, Londres, Coimbra e Madrid que presentarán os seus novos discos na segunda edición do Festival Transfronterizo que neste ano 2011 consolídase como un dos referentes dentro dos festivais de reggae no Sur de Galicia e Norte de Portugal. Dous días de programación que arrancará o venres pola noite na Praia da Lenta coa actuación das bandas galegas Sauko B & One, Meninos Carentes e Só Matutos, ademais dos Sound System que nos farán bailar até o amencer. A música dará paso ás actividades deportivas que comezarán o sábado pola mañá, a partir das once, escalada e unha andaina pola Ruta do Cervo. Pola tarde , a partir das 14.00 horas, haberá espectáculos de rúa para grandes e pequenos. O centro de Vila Nova encherase de música grazas á agrupación de percusión Bloquinho da Salgueira, de malabares e clowns, co circo Escarranchado. A música e a danza africana tamén terán representación co grupo Khaleye Diamono. Actividades ás que hai que sumarlle os talleres de danza africana, percusión e malabares. Despois dunha tarde de espectáculos chegarán os concertos no Auditorio Municipal. A partir das 21.00 horas o londiniense Bhambule Sound será o encargado de quecer o ambiente coa súa selección musical que se move entre o dub e o reggae, temas propios e algúns dos máis emblemáticos destes estilos. Os brasileiros Rutera presentarán o seu primeiro disco “Fogo do Criador”, todo un éxito no seu país e de seguro que adiantarán algún dos temas que comporán o seu segundo traballo, a piques de saír a venda. Os Rutera daranlle paso a un dos cabeza de cartel, os One Love Family. Unha das bandas máis consolidadas do reggae portugués, composta por músicos de entre dez e cincuenta anos. Temas do seu primeiro disco “Allelujah” e do seu segundo traballo que esperan publicar antes de que remate o ano, serán os que interpreten no II Minho Reggae Splash. Música con boas vibracións, con boa enerxía, que transmite mensaxes de paz, ao igual que os madrileños Emeterians, que tamén están de estrea. Falta pouco para a publicación do seu terceiro disco que xa interpretarán xunto a cancións do seu último disco “Change the mood”. A festa rematará na praia da Lenta cos Sound System Selassie Sound e Vinyl Bullet Sound. Para que os asistentes poidan gozar de todo isto sen ter que coller o coche nin desprazarse, o Festival habilitará unha zona de acampada libre na praia da Lenta con servizos e seguridade. A acampada é de balde co único requisito de ser respectuosos co entorno e o medio ambiente. O custe da entrada é de 18 euros na billeteira, 15 por adiantado e 10 para os socios da Asociación Minho Reggae. Pódense adquirir a través da Internet en www.laboleteria.es ou www.breakpoint.es. O billete permitirá o acceso aos concertos que se celebren o sábado no Auditorio, o resto das actividades, tanto do venres como o sábado pola mañá e pola tarde serán gratuítas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: