LUCÍA MOLARES REALIZOU HOXE A PRIMERA VISITA INSTITUCIONAL AO NOVO ALCALDE DO CONCELLO DE NIGRÁN

  • A Delegada territorial e o alcalde analizaron os principais temas que o Goberno galego ten pendentes neste municipio.
  • Demandas relativas a infraestruturas viarias, sanidade, servizos sociais e turismo centraron a reunión de traballo desta mañá.

Nigrán, 4 de xullo de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, mantiveron esta mañá no concello miñorano un primeiro encontro institucional tras a formalización da nova Corporación municipal deste municipio, nun claro exemplo de manter unha comunicación constante e fluida co recentemente elexido equipo de goberno. Na reunión, Molares e Valverde trataron todos os asuntos que desde a Administración autonómica teñen relación con este Concello, destacando así que “queremos que Nigrán teña todos aqueles servizos que necesita e nos que ten algún tipo de responsabilidade o Goberno autonómico”, explicou Molares, matizando que os asuntos principais que trataron pasaron polas melloras relativas a infraestruturas viarias, portuarias e sanitarias, así como temas relacionados coa proxección turística deste concello e outros relativos aos servizos sociais. No transcurso do encontro, a representante da Xunta na cidade comunicoulle ao novo rexedor que neste ano 2011 avanzarán os traballos de mellora para a súa seguridade na PO-325 o seu paso polo concello de Nigrán, despois de dar resposta as demandas que algúns colectivos veciñais plantexaron ao seu trazado. Pola súa banda, o alcalde de Nigrán, agradeceu a visita da delegada para manter un encontro institucional no que percorreron os asuntos pendentes, e esperou que “nos vindeiros meses se poidan avanzar nalgúns que son prioritarios para este concello”. Valverde trasladoulle así a responsable da Administración no territorio as peticións que, consellería por consellería, se deben seguir impulsando e coma son, por exemplo, o avance das obras no centro de saúde de Panxón, a ordenación da zona portuaria ou a aprobación do novo Plan Xeral do municipio.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: