OS CENTROS DE DÍA DE VIGO-VALADARES E BAIONA ABRIRÁN AS SÚAS PORTAS DESPOIS DO VERÁN

  • A inversión da Xunta nestes equipamentos superou os 1,7 millóns de euros
  • O DOG publica hoxe a licitación pública destes servizos asistenciais que contan con 80 e 40 prazas, respectivamente
  • Entre os criterios de valoración, os pregos inclúen a contratación de desempregados do concello onde radica o centro de día

Santiago, 4 de xullo de 2011.- O centros de día do Parque tecnolóxico de Valadares, en Vigo, e de Baiona, cunha capacidade de 80 e 40 prazas, respectivamente, abrirán as súas portas despois do verán. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación da xestión destes servizos e, unha vez rematados os trámites do procedemento de contratación, poderán entrar en funcionamento cara ao último trimestre do ano. O investimento da Xunta de Galicia nestes centros ascendeu a preto de 1,3 millóns de euros no caso de Vigo e a 400.000 euros no de Baiona. Próximamente licitarase tamén o equipamento que suporá novas achegas de arredor de 100.000 e 80.000 euros, respectivamente. Segundo se recolle nos pregos, que poden consultarse na páxina web www.igualdadebenestar.org, o prazo de presentación das ofertas é de 15 días naturais. Así mesmo, entre os criterios para a valoración das ofertas que presenten os distintos candidatos, destaca que a proposta inclúa a contratación de persoal procedente do desemprego, primándose o feito de que a empresa licitadora aporte persoal desempregado de cada un dos concellos nos que se localizan os centros de día. No caso de que unha ou varias proposicións igualen á máis vantaxosa desde o punto de vista dos criterios de valoración, terán preferencia na adxudicación as proposicións presentadas por aquelas entidades que acrediten ter unha maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade na súa plantilla, sempre que esta porcentaxe supere o 2 por cento. Os centros de día de Vigo e de Baiona pertencen á Rede de Centros de Atención a Persoas Maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Estes defínense como equipamentos socio-terapéuticos e de apoio ás familias que ofrecen unha atención terapéutica integral promovendo a autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual dos beneficiarios. O Consorcio xa ten en funcionamento outros dous centros de día en Vigo, nos barrios de Teis e Coia, de 25 e 70 prazas, respectivamente, polo que co novo centro de Valadares incrementará a súa oferta de prazas na cidade en preto dun 85 por cento. Noutros concellos cercanos, tamén hai centros de día da rede do Consorcio en Mondariz, Ponteareas, O Porriño e Tomiño.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: