osé Luis Méndez Pascual pecha a súa etapa á fronte de CXG Corporación Novacaixagalicia

Tras o plan de desinvestimentos, presentou a súa renuncia como conselleiro delegado

04.07.2011. José Luis Méndez Pascual presentou hoxe ante o consello de administración de CXG Corporación Novacaixagalicia a renuncia ao cargo de conselleiro delegado que viña asumindo ata o día de hoxe  O primeiro directivo da entidade pecha así unha traxectoria de sete anos nos que CXG consolidouse, desde a súa función de brazo investidor de Novacaixagalicia, como ferramenta de xeración de rendibilidade para a súa matriz e axente dinamizador do tecido industrial da Comunidade Autónoma. O consello de administración de CXG agradeceu a José Luis Méndez Pascual a tarefa desenvolvida á fronte da compañía e eloxiou os bos resultados obtidos.

“Dou por concluído este tramo da miña vida profesional e iniciarei un novo á marxe de Novacaixagalicia, á que me unirá sempre un profundo afecto e á que desexo o maior dos éxitos na etapa que agora comeza”, sinalou o ata agora conselleiro delegado de CXG. “Foron anos de intenso traballo que tiven a sorte de compartir cun equipo de gran valía profesional, ao que quero agradecer neste momento a súa dedicación e bo facer”, subliñou Méndez Pascual A saída de Méndez Pascual, decidida de común acordo coa caixa galega, prodúcese tras deseñar e executar a estratexia de desinvestimentos de CXG ligada ao plan de recapitalización da entidade financeira, operacións que deron lugar a 130 millóns de euros de ingresos, 55 millóns de plusvalías e 27 de core capital desde a fusión. CXG finalizou o exercicio 2010 cun beneficio logo de impostos de 32 millóns de euros, e unha liquidez e equivalentes de 567 millóns. Desde 2005, CXG xerou un beneficio acumulado de 1.015 millóns de euros e un total de 1.350 millóns de euros en plusvalías bolsistas. Desde o seu papel de axente catalizador do tecido empresarial galego a través da toma de participacións industriais, durante estes anos CXG contribuíu de forma decisiva á creación e crecemento dalgunhas das empresas máis importantes de sectores estratéxicos para Galicia, como o enerxético (Gas Galicia, Reganosa, Norvento), o alimentario (Pescanova, Terras Gauda), o sector extractivo (Cupa Group), a industria manufacturera (Dinak, Plásticos Ferro), as finanzas (Banco Etcheverría), as novas tecnoloxías (Tecnocom) ou as infraestruturas (Itínere). Ademais, colaborou na expansión e diversificación dalgúns dos principais grupos empresariais con intereses na Comunidade Autónoma, tanto galegos (Grupo Finsa, Coren, Grupo Tojeiro, Anjoca, Comar, Grupo Saona), como nacionais (N1) e internacionais (Aviva, Willis, Grupo Empresarial Angeles, Grupo Amorim).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: