A XUNTA PUBLICA HOXE AS LISTAS DE ADMITIDOS PARA O SORTEO DE 15 VIVENDAS REHABILITADAS POLO CONSORCIO DO CASCO VELLO DE VIGO

  • As vivendas están emprazadas nas rúas Abelaira Menéndez e Cruz Verde
  • As listas pódense consultar na web do IGVS
  • Os interesados dispoñen de sete días hábiles, a contar dende mañá, para a presentación de reclamacións

Santiago, 5 de xullo de 2011.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo publicou hoxe na súa web a lista de admitidos aos sorteos de 15 vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo. Tamén se publica a lista de excluídos de ditos sorteos e as razóns da exclusión.

As lista poderanse consultar na web do IGVS:

(http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes), abríndose un prazo de sete días hábiles, a contar dende mañá, para a presentación de reclamacións por parte das persoas interesadas no procedemento. As listas de admitidos publicadas corresponden ás catro vivendas rehabilitadas na rúa Abelaira Menéndez 18-20, cinco vivendas rehabilitadas nos números 24-26 da mesma rúa e seis vivendas rehabilitadas na rúa Cruz Verde, 5. Unha vez resoltas as reclamacións que se poidan presentar elaborarase a lista definitiva de admitidos, previa ao sorteo das vivendas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: