DETRÁS DO MARCO INAUGURA MAÑÁ MÉRCORES A EXPOSICIÓN “ALMÁTICA” DO POETA E ARTISTA VIGUÉS CARPENTER

  • No acto de inauguración actuará a cantautora galega Silvia Penide.

Vigo, 5 de xullo de 2011. O café “Detrás do Marco” inaugurará mañá mércores día 6 de xullo (20:00 horas) a exposición “Almática” do poeta e artista vigués José Carpenter. No acto de inauguración Carpenter contará coa actuación da cantautora Silvia Penide. Este artista vigués utiliza unha técnica artística na que mestura o collage, a acuarela e a poesía. Carpenter explica que o seu traballo tenta chegar á sociedade cunha fantasía impregnada de cor, vitalidade, figuras humanas e fermosos obxectos. Está será a quinta exposición do artista vigués, actualmente afincado en Betanzos, que preparou un traballo adaptado ao local “Detrás do Marco” e que pretende que sexa viva, “xa que irei repoñendo cadros a medida que vaia avanzando o tempo”. O autor, profesor de secundaria dende hai 14 anos, asegura que todos somos creadores e “a poesía é para todas as persoas. Es algo cotiá que nos alcanza a todos e iso é o que persigo coa miña obra: a beleza do momento, anulando o tempo”. Segundo explica Carpenter “Almática é unha travesía primordial, que captura a esencia dunha tempo da miña vida. Son poemas moi urbanos e moi persoais, do meu interior”. No acto de inauguración da exposición, Carpenter contará coa presenza dunha coñecida cantautora galega, Silvia Penide, que presentará en Vigo o seu cuarto traballo “Las erres dobles”. Segundo explicou a coruñesa este disco “reflicte os anos que levo tocando. É un traballo moito máis pop, posiblemente o máis frío de todos os que fixen e tamén o máis traballado”. Con anterioridade, Silvia sacou ao mercado tres álbums (Kilómetros, Invisible e Desfinante Crónica), con temas máis íntimos, nunha música que Penide define como “cercana, sinxela e honesta”. Na presentación da inauguración, Silvia porá a música e Carpenter os poemas, nun intercambio no que ambos amosarán a súa emoción e sentimentos. Porque si algo destaca de Silvia son as súas letras, que “chegan á xente, porque o que fago é contar cousas que nos pasan a todos”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: