MAR APOIARÁ Á FROTA QUE PARTICIPA NA COSTEIRA DO BONITO DURANTE TODO O MES DE AGOSTO CO BUQUE ´SEBASTIÁN DE OCAMPO´

  • O departamento que dirixe Rosa Quintana congratúlase de que o MARM atendera a súa petición de convocar unha xuntanza para definir o operativo de apoio loxístico á frota boniteira, con gran presenza galega

Santiago, 5 de xullo de 2011.- A Consellería do Mar apoiará á frota da costeira do bonito durante todo o mes de agosto a través do buque Sebastián de Ocampo. O barco da Xunta prestará apoio a todas as embarcacións dedicadas á captura do bonito do Norte. Así se acordou hoxe nunha xuntanza celebrada no Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, en Madrid, na que participou o subdirector de Gardacostas, Lino Sexto. Ao igual que en anos anteriores, os labores deste buque complementaranse cos medios do Goberno Central. Ademais, como vén sendo tradición, os dous helicópteros de Gardacostas, o Pesca I e o Pesca II, tamén estarán a disposición da frota unha vez que esta se atope dentro do radio de acción dos helicópteros, na fachada atlántica galega e tamén na parte oeste do Golfo de Biscaia máis próximo a terra. As dúas aeronaves estarán preparadas para actuar ante calquera continxencia que se pudiera producir na campaña boniteira. O departamento que dirixe Rosa Quintana congratúlase de que o MARM atendera a súa petición de convocar a reunión para organizar a presenza dos medios técnicos e humanos de apoio á frota boniteira. Cabe lembrar que a propia conselleira enviara hai dúas semanas unha carta á Secretaría General del Mar na que amosaba a súa preocupación pola tardanza do Estado na organización do aopoio loxísitico na costeira do bonito, xa que adoitaba celebrarse semanas antes do inicio da campaña. A Consellería pretendía ofrecer canto antes protección á frota que se dedica á captura do bonito durante a campaña estival e, na cal, a frota galega participa activamente.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: