Noticias Ayuntamiento de Vigo – 06-07-11


O alcalde visitou o programa municipal de verán para discapacitados, que inclúe transporte e persoal especializado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, visitaron hoxe martes o Museo Verbum, onde lévase adiante o programa municipal «Lecer no Verán» para persoas con discapacidade. Explicou Caballero que esta iniciativa ten lugar durante as mañás dos meses de xullo e agosto, cun prezo de 5 euros máis o transporte, e con persoal especializado para a atención dos participantes.

 


Caballero reitera á Xunta que habilite un azud para garantir o abastecemento de auga no outono

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a remisión dun novo escrito á Xunta de Galicia para que habilite unha conexión entre o río Verdugo e o encoro de Eiras que garanta o abastecemento no caso de ter un outono seco. «Cremos que é imprescindible que a Xunta de Galicia atenda a demanda que lle está a facer esta cidade», apuntou, pois «non pódese por en risco o abastecemento de auga no outono». O nivel de auga nos encoros vigueses é o segundo peor da década.

 

O atletismo outorga once medallas á selección de Vigo na primeira xornada de Matosinhos 2011

A selección viguesa asinou unha magnífica primeira xornada nos IX Xogos do Eixo Atlántico, para deportistas sub 16, grazas á representación en atletismo, que competía en xornada única tanto en pista como en ruta.

 


Comeza no MARCO o programa de obradoiros infantís de verán ‘Un museo paralelo’


A partir deste martes 5 de xullo comezan no MARCO os obradoiros infantís de verán, co obxectivo de achegar aos máis pequenos as obras dos artistas presentes no Museo. A través de percorridos por salas, e de divertidas sesións no ‘Laboratorio das Artes’, os participantes traballan as súas habilidades e capacidades de observación, reflexión e interpretación da arte contemporánea.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: