O sector naval da Ría de Vigo corre o risco de desaparecer tras a paralización do sistema de contratación con cobertura fiscal

A central nacionalista fai un chamamento a participar nas mobilizacións que se promovan para intentar salvalo.

VIGO/05-07-11

O sector naval da Ría de Vigo que directa e indirectamente dá ocupación a mais de 10.000 traballadores/as da comarca, está en risco certo de desaparecer nos próximos meses. A decisión do departamento da Comisión Europea de paralizar o sistema de contratación con cobertura fiscal denominado Tax Lease para o Estado español, que en diferentes versións aplican varios países da Unión Europea, incluso aqueles que promoveron a denuncia por infracción das normas de competencia, ocasiona para os estaleiros da Ría de Vigo e a industria auxiliar una situación de quebra técnica con efectos inmediatos.

A actual conxuntura do sector na Ría cunha carga de traballo aproximadamente do 10% da súa capacidade e ocupación real soportada nestes últimos meses, ten aos estaleiros e auxiliares nunha situación financeira extremadamente delicada que pode provocar nos próximos meses un peche masivo de empresas.

A situación é grave polos efectos desta paralización xa que afecta aos contratos pendentes de executar e tamén a aqueles que na actualidade están executándose, e porque a resolución deste departamento da Competencia pode tardar ata un ano. Por tanto, ningún estaleiro está a salvo desta medida e os vencementos de pagos á industria auxiliar nos prazos previstos tampouco se cumpriría, polo que os efectos xa a curto prazo serían catastróficos. Primeiro á industria auxiliar de primeira liña e posteriormente ás subcontratadas por estas.

Dende a CIG denunciamos esta medida arbitraría da Unión Europea que pode estar alimentada polo interese de varios países con maior peso político, como Alemaña, Francia, Noruega e Holanda de provocar una segunda reconversión naval que limitara os competidores no ámbito europeo, mais grave inda cando todos estes países teñen incentivos fiscais de semellante natureza que non están interrogados nin en entredito.

A CIG chama a todas as forzas políticas, sindicais e institucionais da cidade a tomar decisións para salvar o naval e a cidadanía a participar no futuro en todas as mobilizacións que se promovan en defensa do sector. Non podemos entender Vigo sen o naval.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “O sector naval da Ría de Vigo corre o risco de desaparecer tras a paralización do sistema de contratación con cobertura fiscal”

  1. best garbage disposal dice :

    Great post, I believe blog owners should larn a lot from this blog its rattling user genial .

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: