A XUNTA E O SECTOR NAVAL ESIXEN AO GOBERNO DE ESPAÑA QUE SOLICITE URXENTEMENTE A SUSPENSIÓN DA SUSPENSIÓN DO TAX LEASE E ELABORARÁN ALEGACIÓNS EN CONTRA DESTA MEDIDA

  • No caso de que o Goberno central non presentase as alegacións, o conselleiro de Economía e Industria asegurou que “a Xunta fará todo o que está na súa man para presentarse como representante dunha Comunidade Autónoma prexudicada, pola medida de suspensión”
  • Javier Guerra sinala que “é preciso que o Goberno central fale cos bancos para darlles a garantía de que a suspensión do Tax Lease non se vai aplicar con carácter retroactivo”
  • Javier Guerra lamenta que até agora o Goberno central non “se teña posto en contacto cos estruturadores (financeiros) nin co sector” e solicita unha reunión inmediata
  • A Xunta solicitará homoxenizar as axudas financeiras á construción de barcos na Unión Europea “para facer posible que se compita, a lo menos, nas mesmas condicións, en todos países”

Santiago, 6 de xullo de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo hoxe unha reunión co Clúster Naval (Aclunaga) na que acordaron continuar coa estratexia conxunta en defensa dos intereses do sector naval Galego. En declaracións aos medios de comunicación o titular de Economía e Industria explicou que a Xunta e o sector naval esixen ao Goberno de España que solicite urxentemente a suspensión da suspensión do Tax Lease e acordaron a elaboración de alegacións contra esta medida, para que sexan presentadas polo Executivo central, ante a Unión Europea O titular de Economía e Industria sinalou que no caso de que non fose posible a suspensión desta medida, “cómpre buscar outra forma de estruturación” e lembrou que, dende o 30 de xuño, o Goberno de España ten un mes para presentar alegacións á suspensión, e o Goberno da Xunta, de acordo cos estaleiros, vai preparar unha batería de alegacións, cando, para que sexan presentadas polo Goberno de España ante a Unión Europea. Nembargantes, no caso de que o Goberno central non presentase as alegacións, o conselleiro asegurou que “a Xunta fará todo o que está na súa man para presentarse como representante dunha Comunidade Autónoma prexudicada, pola medida de suspensión”. Javier Guerra lamentou que até agora o Goberno central “non teña feito nada” para impedir ou rexeitar esta medida, nin tampouco “se teña posto en contacto cos estruturadores (financeiros) nin co sector” e solicitou unha reunión inmediata, porque “é preciso que o Goberno central fale cos bancos, que están a financiar a construción dos barcos, para darlles a garantía de que a suspensión do Tax Lease non se vai aplicar con carácter retroactivo”. Neste sentido, o conselleiro aclarou que “a suspensión afecta tanto aos barcos xa contratados, que se están a construír nos estaleiros, porque os financeiros plantexan dubidas ao financiar os proxectos, que xa están en marcha” e tamén “aos pedidos que están en carteira, a piques de formalizarse”, co risco de “non poder chegar a concretar carga de traballo, pola falta de financiamento”. O titular de Economía e Industria tamén destacou que” a decisión de suspender a fórmula de financiamento dos buques, co Tax Lease, afecta ao sector nun momento complicado, no que a contratación de buques que era xa difícil” e lembrou que Galicia é a Comunidade que ten unha maior concentración de estaleiros a nivel europeo, xa que concentra preto do 5% da produción naval europea. Ademais, o conselleiro engadiu “a situación se complica mais porque a posición competitiva dos estaleiros Galegos é aínda mais difícil que noutros países, nos que existen outros sistemas de apoio ao financiamento dos barcos, que non teñen sido suspendidos”. De xeito que, unha das peticións da Xunta ao Goberno de España, será que traslade a necesidade de homoxenizar as axudas “para facer posible que se compita, a lo menos, nas mesmas condicións, que os demais países”. A Xunta, a petición do Clúster e dos estruturadores, vai participar na reunión do próximo venres en Madrid, convocada polos bancos, para plantexar outras solucións de estruturación financeira que poidan permitir contratación dos barcos polos estaleiros e tamén ten fixado un calendario de reunións co sector, para continuar a defender, dun xeito coordinado, os intereses de Galicia.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: