Noticias Ayuntamiento de Vigo 06-07-11


O alcalde avanza que España xa solicitou unha reunión con Bruxelas para analizar o tax lease

Abel Caballero avanzou hoxe mércores que o Goberno de España xa solicitou en Bruxelas unha reunión para alcanzar un novo escenario legal -o anterior tamén o era, remarcou- de apoios fiscais xeralizables en toda Europa, que sirvan para reactivar a industria do naval. “Todos sabemos que a paralización destes apios fiscais supuxeron a paralización da contratación porque, como no se conoce o novo escenario, empresas como Vulcano ou Barreras teñen máis dificultades á hora de pechar contratos”, incidiu.

 


Vigo acollerá a Asamblea Xeral de Travel Advisors, que aglutina axencias de viaxe especializadas en congresos e incentivos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Turismo e Comercio, Cayetano Rodríguez, reuníronse hoxe mércores cos máximos responsables de Travel Advisors, quen confirmaron a celebración en Vigo da súa asamblea xeral, coa participación dunhas 120 persoas. Esta entidade está especializada en incentivos para as axencias de viaxes e turismo de congresos, polo que Caballero indicou que a convención “ten un gran interese para nós”.

 


Caballero recibiu a Manuel Ferreiro, o xefe da Guardia Civil en Galicia, na despedida do seu cargo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse hoxe mércores con Manuel Ferreiro, o responsable da Guardia Civil na zona noroeste de España, que deixa o seu cargo tras cumprir cos sete anos de máximo legal de anos de servizo. O rexedor vigués, que mantén con Ferreiro unha amizade desde a infancia, desexoulle “o mellor no persoal e no profesional”.

 


Exposición “O tempo é un círculo”

Ata o vindeiro 10 de xullo a Casa das Artes de Vigo ofrece a oportunidade de coñecer a mostra de Menchu Lamas “O tempo é un círculo”. Presenta obras de gran formato que abranguen dúas décadas da sua traxectoria, incluindo a década dos 90 e despois o periodo que vai do ano 2000 até agora. Recolle unha escolma das obras máis significativas no evoluir da artista nestas dúas etapas ben diferenciadas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “Noticias Ayuntamiento de Vigo 06-07-11”

  1. mutual funds dice :

    thank you for sharing Noticias Ayuntamiento de Vigo 06-07-11 | VGO MAGAZINE DIGITAL with us, I think Noticias Ayuntamiento de Vigo 06-07-11 | VGO MAGAZINE DIGITAL really stands out : D.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: