PRETO DE 10 areais da comarca dE VIGO RETOMAN A CAMPAÑA DE RECOLLIDA SELECTIVA PARA CONCIENCIAR AOS GALEGOS SOBRE A IMPORTANCIA DA RECICLAXE

Unha das novidades desta iniciativa é a inclusión de dous cámpings da provincia de Pontevedra

  • A campaña, que comezou o pasado 3 de xullo, leva por título ‘Se paras na praia, separa’
  • Ademais das zonas de baño, esta iniciativa visitará campamentos de verán e albergues xuvenís desta zona, o que permitirá establecer contacto directo coas novas xeracións
  • Dentro deste proxecto de concienciación elaborouse material didáctico para os monitores de tempo libre que participan nos campamentos xuvenís
  • Ao longo do verán, un equipo de técnicos cualificados inspeccionarán as diferentes localizacións onde se implantará a recollida selectiva a fin de comprobar o estado en que se atopan os medios dispostos

Santiago, 6 de xullo de 2011.- Un total de 7 areais da comarca de Vigo retoman a campaña de recollida selectiva nas praias para concienciar aos galegos sobre a importancia da reciclaxe. Trátase dunha das actividades incluídas dentro da campaña, que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que leva por título Se paras na praia, separa, e que visitará os concellos de Baiona, Nigrán, Redondela e Vigo. Ademais das zonas de baño, esta iniciativa visitará varios campamentos de verán desta provincia, o que permitirá establecer contacto directo coas novas xeracións. Así, en base a este proxecto se instalarán colectores de residuos apropiados, co fin de contribuír a mitigar o impacto que o turismo exerce sobre a produción residuos nos meses estivais, obxectivo recollido no Plan de Xestión Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020. Na seguinte táboa indícanse os concellos e areais nos que se instalarán estes colectores:

Concello Playa
Baiona Ladeira
Nigrán Patos
Playa América
Panxón
Redondela Cesantes
Vigo Samil
O Vao

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas porá en marcha este verán unha nova campaña de fomento da recollida selectiva que se desenvolverá en máis de 140 praias de máis de 70 concellos galegos dende o pasado, 3 de xullo, ata o 31 de agosto. Esta iniciativa, que conta coa colaboración de Sogama e Ecoembes, está destinada a concienciar sobre a necesidade de separar os residuos en todos os ámbitos, incluíndo os espazos abertos e os escenarios orientados ao ocio. No conxunto da Comunidade galega, visitaranse máis de 100 areais costeiros e 35 áreas fluviais, nos que se instalarán colectores de residuos apropiados. Na táboa seguinte especifícase o reparto por provincias.

 

Nº concellos Nº praias
A Coruña 21 39
Lugo 12 27
Ourense 23 30
Pontevedra 15 50
71 146

Os espazos

Ao igual que o ano pasado as zonas de baño e os campamentos de verán serán os escenarios polos que pase esta iniciativa, co fin de trasladar a necesidade de reciclar dun xeito máis directo ás novas xeracións. Este material da campaña de reciclaxe empregarase como recurso didáctico ao longo de toda a temporada estival nos diferentes grupos que participan no campamento. Consistirá no seguinte:

Unha guía sobre separación de residuos e reciclaxe para reforzar os coñecementos dos monitores.Un xogo tipo “A Oca” sobre reciclaxe, que vai impreso sobre unha lona e que é reutilizable e adaptable a grupos de diferentes idades.

Cómpre destacar que os colectores azuis (os específicos para papel e cartón) terán unha presenza máis marcada neste tipo de lugares, xa que nos campamentos se adoita a organizar actividades nas que o uso de papel é frecuente. Así, os 9 albergues xuvenís participantes recibirán material lúdico-educativo deseñado para fomentar a súa implicación na correcta separación dos residuos.

PROVINCIA CONCELLO CAMPAMENTO/ALBERGUE
A Coruña

 

Bergondo Albergue Xuvenil Marina Española
A Coruña

 

Bergondo Albergue Xuvenil de Gandarío
A Coruña

 

Boiro Campamento Xuvenil A Espiñeira
Lugo

 

Lugo Complexo Residencial Xuvenil Lugo II
Lugo

 

Ribadeo Campamento Xuvenil A Devesa
Lugo

 

Viveiro Albergue Xuvenil Area
Ourense

 

Entrimo Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto
Pontevedra

 

Bueu Campamento Xuvenil A Illa de Ons
Pontevedra

 

Vilanova de Arousa Albergue Xuvenil As Sinas

Unha das novidades desta edición, é o feito de que a campaña farase extensiva a cámpings das tres provincias costeiras, nos que se instalarán paneis informativos e parellas de colectores verde-amarelo.

PROVINCIA CONCELLO CAMPING PRAIA CERCANA
que xa participa no proxecto
A Coruña Ribeira Coroso Coroso
A Coruña A Pobra do Caramiñal Ría de Arousa Cabío
Lugo Viveiro Viveiro Covas
Pontevedra Baiona Baiona Praia Ladeira
Pontevedra Sanxenxo Cachadelos Maior

Reciclaxe de envases

Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estímase que este proxecto permitirá a recuperación e reciclaxe de arredor de 700 quilos de envases lixeiros cada día, o que sumará un total de máis de 40 toneladas ao final da temporada. Para alcanzar este obxectivo, técnicos cualificados realizarán inspeccións nas diferentes localizacións onde se implantou a recollida selectiva a fin de comprobar o estado en que se atopan os medios dispostos (carteis, colectores, bolsas, etc.). Así mesmo, realizarase unha serie de caracterizacións dos residuos depositados para obter datos sobre a calidade de segregación e a cantidade de residuos xerados. Por último, a campaña “Se paras na praia, separa”, conta cunha páxina web propia, www.separanapraia.com, que se manterá activa durante os meses de verán, albergando información sobre o desenvolvemento da campaña.

Obxectivos

O principal obxectivo deste proxecto é concienciar á cidadanía e promover a súa colaboración na separación de residuos, xa non só nos seus fogares, senón tamén nas praias que frecuentan durante os meses estivais, onde se xeran cantidades importantes de residuos urbanos. Trátase de que os residuos xerados nas praias e constituídos maioritariamente por envases se recollan selectivamente para que teñan a xestión final máis axeitada. Mediante as medidas plantexadas neste proxecto mellórase o servizo de recollida e dótase aos areais dos medios precisos para facilitar aos usuarios a súa implicación activa. O plan de recollida permite evitar que unha porción importante de envases lixeiros se desvíe a un destino non desexable para estes, impulsando a reciclaxe e incrementando os ratios de recollida selectiva. Medio Ambiente lembra que o proxecto posibilita o avanzar un paso máis na xeralización da recollida selectiva a todos os ámbitos de forma que pouco a pouco a separación en orixe sexa un hábito en calquera actividade cotiá.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: