Comunicado PSOE

Vigo, 7 de xullo de 2011. En resposta ás declaracións realizadas polos grupos municipais do BNG e do PP do Concello de Vigo respecto a aplicar o criterio de proporcionalidade para nomear asesores en función do número de concelleiros, o grupo municipal do PSdeG-PSOE desexa reiterar que o principio de austeridade que defende o Goberno municipal, co nomeamento de dous asesores e dous auxiliares por grupo político, é a costa do PSOE e do PP. É máis, cremos que a cidade non está para realizar dispendios de gastos e de liberados.

A proposta realizada polo BNG e polo PP, de asinarlle máis asesores e auxiliares ao Partido Popular e ao Partido Socialista, significaría un custo moi elevado e suporía romper o criterio de austeridade que debe rexer este Concello. Non están os tempos para prodigar dedicacións de asesores e administrativos ou edís, con cargo ás finanzas do Concello e da cidade. A proposta realizada polo PP e o BNG podería significar duplicar o número de asesores deste Concello, mentres que coa alternativa socialista- dun mínimo necesario de dous asesores e dous auxiliares administrativos por grupo- o Partido Socialista está asumindo a mesma austeridade que se lle reclama ao PP. Queremos seguir dicindo que debemos guiarnos por un criterio de austeridade e alá despois cada quen coa súa responsabilidade”.

O voceiro municipal socialista

Carlos López Font

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: