ECONOMÍA E INDUSTRIA LANZARÁ UNHA COMPETICIÓN DE PLANS DE NEGOCIO INTERNACIONAIS PARA NOVAS EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA

  • A iniciativa ten como un dos seus obxectivos nutrir o fondo de capital risco de 20 millóns de euros que se porá en marcha ao amparo do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015
  • O director xeral de I+D+i participou esta mañá na inauguración do foro de capital risco organizado pola Plataforma Tecnolóxica das TIC-Vindeira

Santiago, 7 de xullo de 2011.- A Consellería de Economía e Industria lanzará proximamente unha ‘International Business Plan Competition’ (Competición de Plans de Negocio Internacionais) para proxectos de base tecnolóxica. Esta iniciativa, contemplada no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015, foi anunciada hoxe polo director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, durante a inauguración en Santiago de Compostela do ‘II Encontro Vindeira Capital Network’, o evento de capital risco organizado pola Plataforma Tecnolóxica das TIC (Vindeira) co obxectivo de fomentar as relacións entre os emprendedores galegos do sector coas entidades de capital risco españolas. A ‘International Business Plan Competition’ para proxectos de base tecnolóxica será un concurso a nivel galego con dúas categorías: ideas de proxectos de empresas innovadoras de base tecnolóxica galegas e proxectos empresariais foráneos que se atopen en fase de constitución e desexen instalarse en territorio galego. “Queremos que este certame se convirta nunha fonte de proxectos para financiar mediante o fondo de capital risco que estamos a xestar co obxectivo de apoiar a posta en marcha de empresas novas de base tecnolóxica”, explicou Capilla, que animou aos emprendedores asistentes ao foro a presentar os seus proxectos cando sexa convocado. O director xeral de I+D+i mostrouse convencido de que boa parte dos proxectos que competirán neste certame estarán relacionados co sector das TIC, “que desde hai xa moitos anos é unha fonte inesgotable de innovación e crecemento para Galicia, cunha das achegas máis importantes en creación de valor á nosa economía”. Capilla lembrou que o fondo de capital risco promovido por Economía e Industria estará dotado con 20 millóns de euros e terá por obxectivo darlle apoio financeiro a proxectos galegos de innovación empresarial mediante a creación de spin-off, é dicir, novas empresas que nacen de grupos de investigación, ou mesmo doutras empresas para desenvolver proxectos de alto contido tecnolóxico. O capital risco implicará un sistema de apoio financiero público-privado que aumentará a esixencia a nivel de resultados para as empresas beneficiarias e que revertirá nas arcas públicas a través da participación nos beneficios. “O fondo de capital risco estará aberto á participación do sector privado, ata o punto de que agardamos que contribúa de maneira decisiva ao cambio de cultura que debemos rexistrar en Galicia para propiciar que as protagonistas do investimento en innovación sexan as empresas”, destacou. Segundo expuxo, é prioritario introducir fórmulas que, coma esta, permitan superar a cultura da subvención mediante lóxicas máis acordes á competitividade dos mercados. Por outro lado, o director xeral animou tamén aos emprendedores asistentes ao foro inaugurado hoxe en Santiago de Compostela a implantar desde o principio nos seus negocios dinámicas de innovación aberta, unha fórmula especificamente contemplada no I2C polo seu potencial para xerar valor desde unha perspectiva na que priman a eficiencia nos recursos e a capacidade para compartir coñecemento. “A vosa habilidade emprendedora está necesariamente ligada a unha visión de futuro flexible e aberta que concorda moi ben con esta concepción da innovación, polo que é importante que a aproveitedes para multiplicar o voso potencial de crecemento”, dixo Capilla dirixíndose aos empresarios asistentes.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: