Noticias Ayuntamiento de Vigo 07-07-11


O alcalde anuncia sete grandes eventos deportivos a disputarse no areal de Samil este mes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a serie de probas do programa Vigoarena, que desenvolverá actividades deportivas en Samil dende este venres ao 31 de xullo co patrocinio da Concellería de Deportes e a organización de Evento Global. Fútbol praia, tenis praia, foot voley, balonmán praia, voley praia e cachibol encherán de competición o principal areal vigués. “Temos unha gran expectativa con esta actuación de verán porque é engadir ás praias un aliciente máis”, asegurou o rexedor. Na edición de 2010 houbo 1.500 participantes “e nesta esperamos repetir esa cifra”, sinalou Caballero.

Caballero garante a presenza do Celta de baloncesto feminino na máxima categoría

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este xoves que o Concello transmitiu ao Celta de baloncesto feminino que “procederan á inscripción” na máxima categoría. Caballero explicou que o goberno local conseguirá fondos de maneira “excepcional” para esta tempada e reclamou do club un “esforzo adicional” na procura de recursos e patrocinadores. “Ningún club de élite vigués deixará de participar en ningunha competición”, apuntou o alcalde, quen amosou a súa “satisfacción” polo “problema resolto” do baloncesto feminino.

 


O museo Verbum abre a exposición “Vilagrafías. Fotos e textos sobre as vilas de Galicia” de Anxo Cabada

Vilagrafías é unha recreación poético-fotográfica da xeografía visual e sentimental das vilas e cidades galegas.Trátase dun traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica.

Pleno da Corporación: sesión extraordinaria
Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 8 DE XULLO DE 2011

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: