A XUNTA E A INDUSTRIA AUXILIAR COLABORÁN PARA DEFENDER OS INTERESES DO NAVAL GALEGO ANTE AS DIFICULTADES ENGADIDAS POLA SUSPENSIÓN DO TAX LEASE

 

  • O conselleiro de Economía destaca que a Xunta traballa para que “todos aporten na mesma dirección” e tamén espera que “o Goberno de España faga o que teña que facer, que é defenda ao sector ao mas alto nivel”
  • Javier Guerra salienta “a importancia da industria auxiliar” como “un elemento clave do sector naval”, e anunciou reunións periódicas con Asime
  • O titular de Economía e Industria esixe ao Goberno de España que “dea confianza aos financeiros” e lles asegure que “a suspensión non ten carácter retroactivo”
  • Guerra defende a suspensión da suspensión do Tax Lease porque “é pedir un prazo de tempo no que a norma poida seguir aplicándose, namentres se buscan alternativas”
  • O conselleiro insta ao Goberno español a “plantexar unha posición de forza” e solicitar a homoxenización, a nivel europeo, do sistema de axudas, de xeito que a UE estableza un marco do sistema de financiamento”

Santiago, 8 de xullo de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asegurou hoxe que a Xunta e a industria auxiliar colaborarán para defender, con todo o sector naval, os intereses da industria, ante dificultades engadidas que supón a suspensión do Tax Lease, pola Unión Europea. Guerra fixo estas declaracións na rolda de prensa que ofreceu tras a reunión que mantivo hoxe con Asime, na que destacou que a Xunta traballa para que “todos aporten na mesma dirección” e espera que “o Goberno de España faga o que teña que facer, que é defender os sector ao mas alto nivel e, polo menos, pida a suspensión da suspensión do Tax Lease”. Guerra salientou “a importancia da industria auxiliar, dende o punto de vista do financiamento e do emprego”, á que cualificou como “un elemento clave do sector naval”, e anunciou reunións periódicas con Asime para tratar sobre a situación desta industria estratéxica para Galicia. O conselleiro sinalou o “compromiso” adquirido co clúster e “a colaboración” solicitada a Asime de cara á elaboración conxunta de alegacións, ante a medida de suspensión do Tax Lease. Ademais, o conselleiro adiantou que a Xunta porá esta batería de alegacións “ao dispor do Goberno de España” para que as defenda ante a Unión Europea, como xa ten feito noutras ocasión con outras industrias nacionais, como a do Carbón. Guerra lembrou que esta situación plantexa dificultades de financiamento, tanto nas obras de construción de buques en curso, como na formalización de novos contratos e esixiu ao Goberno de España que “dea confianza aos estruturadores (financeiros)” e lles asegure que “a suspensión non ten carácter retroactivo”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: