O Goberno municipal porá en funcionamento este outono 144 novas prazas nas escolas infantís de Tomás Alonso e Bouzas

Vigo, 8 de xullo de 2011– En resposta as declaracións realizadas neste venres polo PP a concelleira de Educación, Raquel Díaz, quere aclarar que o Goberno municipal disporá de 144 novas  prazas  nas  escolas  infantís  cara  o próximo  outono.  Será entón cando  entren en funcionamento os centros de Bouzas e Tomás Alonso, que xa están rematados e á espera de que  a  Xunta  de  a  autorización  definitiva  de  apertura.  Estas  escolas  xa  teñen  listas provisionais de admitidos e a súa apertura está prevista para o próximo outono. A  concelleira  socialista  quere  desmentir  así  as  afirmacións  realizadas  polo  PP  nas  que aseguran que este Goberno municipal non creou praza algunha durante o anterior mandato. Nesta liña é preciso aclarar que foi o Goberno liderado por Corina Porro o que non foi quen de sacar adiante nin unha sola praza polo que resulta aínda máis paradóxico que sexa agora o grupo  popular o que critique,  faltando á verdade,  a un Goberno que crea dúas novas escolas infantís. De feito, a Xunta de Goberno celebrada no día de hoxe deu luz verde aos listados definitivos de admitidos nas escolas infantís municipais. O total de prazas ofertadas nos seis centros é de 446 e destas, as ocupadas son 303, xa que quedan vacantes 142 para a quenda de tarde. O número total de novos alumnos é de 169.
Raquel Díaz
Concelleira de Educación, Economía, Facenda e Patrimonio

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: