O PSOE rexeita a nova proposta do BNG de reducir o 15% as dedicacións na Guarda

 

GMBNGAGuarda2.JPGO BNG considera que a nova proposta de 102.000 € dá marxe máis que suficiente para constituír o goberno sen renunciar a uns salarios dignos”

A Guarda, 08 de xullo 11. No pleno extraordinario celebrado hoxe as nove da mañá, o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou unha nova proposta de 102.000 € para dedicacións dos políticos, proposta que foi rexeitada polo actual Alcalde e grupo de goberno do PSOE. A nova proposta presentada polo BNG significa pasar dos actuais 120.000 € a 102.000 € anuais, que vai supoñer unha redución duns 72.000 € en toda a lexislatura.Atendendo á responsabilidade política e co intento de chegar a un acordo que permita a gobernabilidade do concello, o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO volveu facer unha proposta que entra dentro do razoábel. Nesta oferta temos en conta que no goberno dunha localidade como a nosa é necesario ter persoas liberadas, a decisión do número de liberados é unha decisión única e exclusiva do Alcalde e do seu grupo de goberno. Os cambios acontecidos, despois das pasadas eleccións do 22 de maio, e o contexto de crise que vivimos, deixan claro que o gasto en adicacións non pode ser o mesmo” comenta o portavoz nacionalista Xan Lois Lomba. Para os nacionalistas esta redución do 15% non pon en perigo a gobernabilidade do concello, toda vez que o PSOE debe pensar unha reestruturación do goberno municipal para adaptalo a nova situación. O BNG insta ao Alcalde e ao seu grupo de goberno a abandonar a actitude vitimista que está amosando nos medios de comunicación. O pobo da Guarda deixou claro, o pasado 22 de maio, que non estaba contento co Goberno en maioría absoluta do PSOE. Dende o BNG convidamos ao o Sr. Alcalde, Domínguez Freitas, a reflexionar sobre o camiño que está a recorrer, abocando a unha situación insostíbel cunha actitude que máis semella dunha maioría absoluta que dun goberno en minoría.

Asemade, solicitamos do grupo de goberno do PSOE que atenda aos esforzos que o BNG está a facer, dentro da súa responsabilidade, dado que pasou dunha proposta inicial de redución do 20% a actual 15 %.

O BNG considera que a nova proposta de 102.000 € dá marxe máis que suficiente ao PSOE para constituír un grupo de goberno sen renunciar a uns salarios dignos para aqueles que se dedican dun xeito exclusivo ou parcial a gobernar; isto non ten que ser incompatíbel cunha actitude de responsabilidade e de exemplo ante o actual contexto económico que se está a vivir.

About Vgomagazine

Revista Online.

0 responses to “O PSOE rexeita a nova proposta do BNG de reducir o 15% as dedicacións na Guarda”

  1. kirkintilloch says :

    Hi there! I would just like to thank you for the first class info you have here on this post. I will be visiting your website for more awesome information soon.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: