LUCÍA MOLARES RECIBE AO NOVO COMANDANTE NAVAL DE VIGO, JOAQUÍN BALLESTEROS Y MORATA DE TAPIA

  • A delegada da Xunta na cidade aproveitou a ocasión para despedirse do que ata o de agora foi comandante da Mariña, Rafael J. Ceñal Martínez-Hombre.

Vigo, 14 de xullo de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, recibiu esta mañá ao novo responsable da Comandancia Naval de Vigo, Joaquín Ballesteros y Morata de Tapia, nun encontro oficial que serviu tamén para despedir ao comandante saínte, Rafael J. Ceñal Martínez-Hombre. A responsable do Goberno galego na área mantivo así unha primeira toma de contacto co novo cargo da Mariña, que recibirá a entrega do Mando de Comandante Naval de mans do seu predecesor durante a xornada de mañá con motivo da festividade do Día do Carmen, patrona da Armada. Molares trasladoulle así toda a disposición e colaboración do Goberno galego para a nova etapa que emprende na cidade. Por outra banda, tamén tivo verbas especiais para o ata de agora comandante da Mariña, Rafael J. Ceñal Martínez-Hombre, polos seus anos de traballo na cidade recoñecendo así a labor levada a cabo dende o seu posto de responsabilidade militar.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: