A DEPUTACIÓN CONCEDE 392.000 EUROS PARA 179 OBRAS DE INFRAESTRUTURAS CULTURAIS E PARA EQUIPOS DE 105 ENTIDADES

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, as axudas de Cultura para o ano 2011, por un importe total de 392.000 euros. As subvencións son para a mellora de infraestruturas (300.000 euros) e para vestiario e instrumentos (92.000 euros). Estas subvencións posibilitarán a realización de 179 actuacións.

No capítulo de Infraestruturas, o orzamento é de 300.000 euros e o número de entidades beneficiarias, de 74. Estes colectivos son dos distintos concellos da provincia e as axudas concedidas oscilan entre os 810 € e os 14.996 €). Na comarca de Vigo algunhas actuacións máis destacadas son:

  • Reforma cuberta da antiga sede social de La Renovadora de Moscoso- Pazos de Borbén.
  • Acondicionamento local Agrup. de Centros Deportivos e Culturais do Concello de Vigo.
  • Reforma e acondicionamento do local da Asoc. Lareira Teatro de Vigo
  • Obras de aseo adaptado na Asoc. da Recreativa e Deportiva Xestas.
  • Reparación do local da Asoc. de Persoas Xordas de Vigo.

  • Reforma do local social da AAVV Cultural, Deportiva e de Consumidores e Usuarios de Lavadores.
  • Reparación do semisoto Asociación San Xurxo de Saians.
  • Illamento termoacústico local da A.V.C.D. “Monte da Mina” de Castrelos.
  • Reparación do auditorio de ensaio da Coral Polifónica María Nai do Bo Pastor
  • Instalación dun piar central no local da Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía.
  • Arranxo butacas da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá.
  • Obras da 2ª fase da escola de música da U.V.C.D. Candeán.
  • Obras de mellora da sala de xuntas do Centro Social Cultural e Recreativo de Cedeira, Redondela. No apartado de axudas para Instrumentos e Vestiario, o orzamento é de 92.000 euros e o número de entidades beneficiarias na provincia 105. As axudas oscilan entre os 300 e os 2.000 €. Na comarca de Vigo , algúns dos grupos, entre outros, que recibirán subvencións son:
  • Instrumentos para a Asoc. Cultural e Social de Chapela, Redondela.
  • Vestiario para o Centro Social Cultural e Recreativo de Cedeira.
  • Vestiario para o Círculo Cultural Deportivo de Cesantes.
  • Vestiario para o Círculo Cultural Recreativo Chapela.
  • Vestiario para o grupo de baile Anaquiños.
  • Instrumentos para a Orquestra de saxos do conservatorio de Redondela.
  • Vestiario para a ACF Fiadeiro de Vigo
  • Vestiario para a Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia de Vigo.
  • Vestiario para a Asoc. Coral Centro Social Rivera Atienza.
  • Vestiario para a Asoc. Cultural “O Coto”.

  • Vestiario para a Asoc. cultural Traspes.

  • Vestiario para a Asoc. Folcl. Algarabía.
  • Vestiario para a Asoc. Folclórica Cultural Asubío.
  • Instrumentos para a Asoc. Folclórica Tradicional Os Ventos de Comesaña.
  • Vestiario para a Asoc. Folklórica Andarela.
  • Vestiarios para a Asociación de Veciños de Beade.

  • Vestiario para a Asociación Folclórica Xuvenil Andrómeda.
  • Vestiario para a Asociación Galega de Amigos del Rocío.
  • Instrumentos para a AAVV Cultural Recreativa San Mamede de Zamáns.
  • Instrumentos para o Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares.
  • Vestiario para a S.C.D.R. Helios de Bembrive.

  • Instrumentos para a Unión Musical de Valadares.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: