MEDIO AMBIENTE ACONDICIONOU ESTE NO PRETO DE 3,5 QUILÓMETROS DE TRES RÍOS DA COMARCA DO MORRAZO, POR MÁIS DE 40.000 EUROS

  • As actuacións levadas a cabo nesta comarca permitiron adecuar os ríos Bouzós e o río Orxas, en Cangas e os Fraga e Miñouva, en Moaña
  • Augas de Galicia vén de licitar tres novos contratos de limpeza e mantemento dos ríos do ámbito de Galicia Costa por case 3 millóns de euros, o que implicará xestionará o mantemento dunha rede fluvial de máis de 11.200 km
  • Unha das novidades destes contratos é a integración de actuacións no ámbito da bioenxeñería, como poden ser a protección e estabilización de coieiras con elementos naturais

 

Santiago, 16 de xullo de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou este ano os traballos de limpeza e mantemento de máis preto de 3,5 quilómetros de 4 ríos da comarca do Morrazo. Concretamente nos concellos de Cangas do Morrazo e Moaña, traballos que están xa finalizados. En total estas catro actuacións suman un importe de preto de 45.000 euros. Na táboa seguinte indícanse os datos de cada actuación:

Nome_Rio Concello Lonxitude Importe €
RIO BOUZÓS Cangas 2.715 25.187,93 €
ORXAS Cangas 500 10.630,80 €
FRAGA e MIÑOUVA Moaña 260 7.557,42 €

A meirande parte dos traballos executados consistiron na limpeza de vexetación, como o desbroce selectivo de zonas de servidume de paso; a retirada de restos de vexetais arrastrados polas crecidas; a eliminación de atascos e atrancamentos en pontes, azudes, illas e pasos; e apeos de pés e poda de ramais baixas con risco de caer ao leito ou producir atrancos. Tamén se acondicionaron as marxes, coa recuperación de noiros de ribeira e a protección das mesmas, con obras de estabilización de noiros e plantación de especies de ribeira; ou a supresión de elementos artificiais e atrancos. Outro dos labores que se executaron foi a xestión de acarreos e sedimentos, coa limpeza de obras de paso, o dragado de encauzamentos e canles de avenida, retirada de aterramentos e reposición de materiais socavados no contorno das pontes. Os labores implican tamén a retirada de residuos e a clasificación, para depositalos ou entregalos ao xestor autorizado. A modo de exemplo, as actuacións neste ríos destes concellos consistiron concretamente na retirada das árbores caídas sobre o couce, producidas polas enchentes de xaneiro deste ano. Ademais, no Concello de Moaña realizouse o desbroce da maleza nas zonas de servidume, ademais da poda de árbores situadas nas zonas de estreitamento do río Fraga.

Seis primeiros meses

No conxunto da Comunidade Autónoma, a Consellería de Medio Ambiente iniciou nos seis primeiros meses un total de 50 actuacións de limpeza e mantemento en 38 ríos galegos e máis de 13 regatos e afluentes, ao seu paso por case 40 concellos galegos. Destas accións, a meirande parte xa están executadas; mentres que un 10 por cento aínda se están a desenvolver. Estas últimas actuacións son as que se sinalan na táboa:

Zona Concello Lonxitude (m) Importe
Rego da Auga e Rodullo Teo 550 1.582,03
Mero Cambre 8.300 23.35,82
Río Ouro Alfoz 1.542 5.136,30
Mendo Oza dos Ríos- Coirós 5.400 14.553,07
Mosqueiro Ribadumia 400 4.921,01

Máis de 200 actuacións en dous anos

No que vai de lexislatura a Xunta destinou máis de 5,5 millóns de euros en 271 actuacións ou traballos, co que se mellorou unha lonxitude de máis de 300 quilómetros. Cómpre diferenciar aquelas que se executan dentro da programación do servizo de acondicionamento, mantemento e conservación. Nos dous anos de Goberno executáronse un total de 162 accións, nas que se investiron 1,8 millóns de euros e que implicou mellorar 213 km de ríos. Outra partida importante son as obras de emerxencia e de acondicionamento, dende abril de 2009 ata o ano 2011, executáronse 109, o que implicou mobilizar un orzamento de 3,7 millóns de euros e acondicionar ou rehabilitar unha lonxitude de case 100 quilómetros. Entre este tipo de actuacións destacan as obras de emerxencia por mor das inundacións de xaneiro e xuño de 2010 na zona da Mariña lucense ou as producidas en Cerdedo-Forcarei.

Tres novos contratos

A Xunta vén de licitar os novos contratos de limpeza e mantemento, o que implica actuar en máis dun 40% dos cauces dos ríos de Galicia, é dicir, de 13.072 km2 que abarca a demarcación Galicia Costa (corresponde aproximadamente coa provincia de Pontevedra, a de Coruña e A Mariña lucense, é dicir, todos os ríos galegos que desaugan no Océano Atlántico e o Mar Cantábrico, agás o Miño, Sil e os seus afluentes) por un importe de case 3 millóns de euros (2.970.534). Coa licitación destes contratos garántese o mantemento dunha rede fluvial de máis de 11.200 quilómetros. Estes traballos consistirán na execución de actuacións de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa e as zonas de acceso e protección nos tres ámbitos territoriais (norte, sur e centro). Cómpre recordar que a lonxitude dos ríos da demarcación Galicia Costa suman un total de 14.765 quilómetros.

Unha das novidades deste contrato é que se integran actuacións singulares no ámbito da bioenxeñería, como poden ser a protección e estabilización de coieiras con elementos naturais (tipo biomallas de coco con estaquillas de especies autóctonas de ribeira, ou valados de rollizos de madeira). O obxecto principal destes traballos será a execución das actuacións de acondicionamento, mantemento e mellora nos cauces, co fin de facilitar o libre discorrer das augas, así como, conseguir condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e estéticos e de uso social no contorno fluvial, sendo respectuoso en todo momento co contorno. En xeral, estas actuacións recuperarán o funcionamento natural do cauce, rehabilitando a sección hidráulica en puntos sensibles, recuperando os procesos hidrolóxicos, aumentando a heteroxeneidade e o seu grado de naturalidade. Neste senso, as técnicas de restauración a aplicar serán as máis respectuosas co contorno, integrándose na medida do posible co funcionamento ecolóxico do río e da paisaxe fluvial. Polo tanto, procurarase empregar materiais naturais, como pedras, madeira ou vexetación.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: