URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061 INCORPORA UNHA AMBULANCIA MEDICALIZADA TIPO CAIXON NA ÁREA DE VIGO

  • A implantación desta ambulancia permite mellorar a seguridade dos pacientes e dos profesionais sanitarios que traballan na atención á emerxencia extrahospitalaria

Santiago, 16 de xullo de 2011.-A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 incorporou unha ambulancia medicalizada cun novo deseño tipo caixón na área de Vigo. A implantación desta ambulancia permite mellorar a seguridade dos pacientes e dos profesionais sanitarios que traballan na atención á emerxencia extrahospitalaria. Esta nova ambulancia ubicada en Mos, que vén substituír a que estaba prestando servizo dende que entrou en funcionamento esta base medicalizada o ano 2005, forma parte dun proxecto piloto para avaliar o funcionamento deste tipo de vehículo na atención sanitaria ás emerxencias vitais A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 con esta iniciativa ten como obxectivo conseguir vehículos deseñados para prestar a asistencia sanitaria en situacións de risco vital que permitan realizar o traballo nas mellores condicións posibles de seguridade e ergonomía. A ambulancia caixón ten a vantaxe de que o habitáculo sanitario é máis ancho que o dun vehículo normal, polo que o persoal sanitario dispón de máis espazo para manobrar na atención ao paciente mentres realiza a asistencia en ruta. Grazas a este novo deseño optimízase tanto a distribución dos distintos elementos e aparataxes como o espazo de traballo. A distribución do material, electromedicina, farmacia e funxible, permite unha óptima organización funcional dentro do habitáculo, onde o persoal sanitario- médico e enfermeiro que forma parte da dotación destas ambulancias- pode desenvolver o seu labor en áreas funcionais diferenciadas, tendo ao seu alcance todos os equipos e materiais precisos no momento da asistencia. O deseño desta ambulancia é froito do esforzo do persoal sanitario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que levou a cabo unha análise dos riscos do traballo na ambulancia, tanto para o persoal como para o paciente. Con esta análise, elaborouse un deseño que permite minimizar os riscos detectados, adaptando o deseño aos últimos avances en seguridade nas ambulancias. Por outra parte, a existencia dun deseño adaptado ás necesidades do traballo permite aumentar a calidade da asistencia incrementando, polo tanto, a seguridade do paciente.

Rede de transporte sanitario urxente

Na actualidade, a poboación galega benefíciase de contar con dez ambulancias medicalizadas, emprazadas entre A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, Ferrol e Foz, ademais doutra en Sanxenxo en época estival, que prestan o soporte vital avanzado en situacións de emerxencia. O principal obxectivo destes recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é asegurar a asistencia e transporte sanitario en situacións de urxencia e emerxencia, tales como a parada cardiorrespiratoria, a atención ao infarto agudo de miocardio (PROGALIAM), ou a atención ao paciente politraumatizado, durante as 24 horas do día, os 365 días do ano. Ademais, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 conta con 101 ambulancias asistenciais pertencentes á Rede de Transporte Sanitario Urxente, que cobren todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e que, en caso de necesidade, poden medicalizarse con profesionais de atención primaria. Xunto con isto o 061 conta con dous helicópteros medicalizados polo persoal do 061, emprazados en Santiago e Ourense, así como, se é preciso, coa colaboración de dous helicópteros da Consellería do Mar.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: