A FAVEC celebra a unanimidade do Consello Social da Cidade en defensa do sector naval e chama a unha manifestación multitudinaria.

  • A Federación Veciñal terá comitiva propia baixo o lema: “Non ao desmantelamento do sector naval. Por un Vigo produtivo, a favor do emprego!”.

A FAVEC participou na reunión do Consello Social da Cidade, celebrada hoxe, na que se aprobou por unanimidade unha proposta de resolución consensuada coas centrais sindicais. A Federación Veciñal que estivo representada na xuntanza pola súa Presidenta e o seu Secretario, celebra o acordo unánime, xa que segundo afirmaron “evidencia o compromiso firme de todos os sectores sociais e económicos en pular xuntos para evitar a desaparición do naval”.

CHAMAMENTO A UNHA MANIFESTACIÓN MULTITUDINARIA

Para a Federación Veciñal é importante que esa vontade unánime quede patente o vindeiro xoves 21 cunha manifestación multitudinaria. “Desde o movemento veciñal facemos un chamamento a toda a veciñanza de Vigo a participar na manifestación porque o naval é unha causa de todas e de todos” aseguraron. O movemento veciñal vigués participará na manifestación cunha comitiva propia que irá presidida por unha pancarta co lema “Non ao desmantelamento do sector naval. Por un Vigo produtivo, a favor do emprego!”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: