O PRESIDENTE GALEGO APELA AO “ESPÍRITO COLECTIVO” PARA AMPLIFICAR “AS GRANDES ESPERANZAS” QUE DA O PORTO DE VIGO E “REVERTER OS TEMORES” QUE ARROXA O FUTURO DO SECTOR NAVAL

Feijóo subliña na toma de posesión de Ignacio López-Chaves como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo que esta dársena constitúe “unha oportunidade na que se sustenta boa parte do crecemento da cidade e de Galicia enteira”

  • Resalta que os países que avanzan son “os que teñen políticos que non se separan, senón que se unen ante os grandes problemas de país”
  • Apunta que pese ao actual contexto de dificultades, o Porto de Vigo segue a medrar con aumento de tráficos en 2011 e recoñece o labor de Corina Porro á fronte da entidade

Vigo, 18 de xullo de 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe ao “espírito colectivo” para amplificar “as grandes esperanzas” que dá o Porto de Vigo, e “reverter os principais temores, especialmente os que arroxa o futuro do sector naval”. Así o dixo o xefe do Goberno galego na toma de posesión de Ignacio López-Chaves como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, onde manifestou o seu desexo de que a “vontade de cooperación” que caracteriza ao novo responsable da dársena “se estenda ao resto das administracións públicas”. Preguntouse o titular da Xunta que tería pasado no Porto de Vigo se nas crises do pasado “tivese triunfado a inhibición” e asegurou que resposta a esa cuestión seria á mesma que atopariamos se “ante as crises que nos ofrece o presente, como a crise do naval, trunfa a ausencia de ideas ou o derrotismo”. “Os países que avanzan son os que teñen políticos que non se separan, senón que se unen ante os grandes problemas do país, e institucións que saben diferenciar o substancial do secundario”, destacou Feijóo. Na súa intervención, o xefe do Goberno galego subliñou que o Porto de Vigo, “con indicadores positivos e as súas infraestruturas renovadas”, segue a ser “unha oportunidade na que sustentar boa parte do crecemento desta cidade e de Galicia enteira”. Nese sentido, lembrou que foi o espírito de cooperación o que fixo posible que, xa no inicio do século XX se comezase a fraguar a nova dársena viguesa, “esta que hoxe recibe e envía toneladas de mercadorías, esta que acolle grandes transatlánticos, esta que é a primeira empresa da cidade e unha das máis importantes de Galicia; e esta que se converteu en referente marítimo da franxa atlántica”. Resaltou que se trata dun “porto seguro e moderno” que participa no mundo globalizado e considerou que “podemos felicitarnos de manter vivo o potencial desta infraestrutura que pon ao servizo de Galicia emprego e futuro económico”. “Podemos sentirnos orgullosos de que nun momento de tantas dificultades, no que a práctica totalidade dos indicadores económicos teñen signo negativo, o Porto de Vigo segue medrando”, insistiu. A ese respecto, informou de que, ao igual que aconteceu nos anos anteriores, tamén no que vai de 2011 os tráficos aumentaron máis dun 4% e case un 30% no tocante aos cruceiros. Feijóo considerou que nestes éxitos do Porto de Vigo “tivo moito que ver quen o xestionou nos últimos anos”, polo que recoñeceu o labor desenvolto por Corina Porro á fronte da entidade.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: