A Federación Veciñal valora positivamente os anuncios dun centro da UNED e de ubicación para un novo xulgado na cidade

  • A FAVEC agarda que estes anuncios se convertan en realidades concretas á maior brevidade, e permanecerá atenta á súa evolución para que non queden en ‘vistosos titulares’.

A FAVEC valora positivamente o anuncio realizado por parte do Alcalde a respecto da creación dun centro internacional da UNED na nosa cidade, que se poría en funcionamento a partir do segundo cuadrimestre do vindeiro curso. “É unha boa noticia dado que hai un importante número de estudantes da UNED na nosa cidade que levan tempo demandando poder recibir titorías e examinarse sen ter que desprazarse a Pontevedra” valoraron.

PIDEN QUE OS EXAMES DA UNED TAMÉN POIDAN SER EN GALEGO

Para a Federación Veciñal a maiores da vantaxe funcional de contar con estas instalacións en Vigo, tamén destaca o feito de que previsibelmente nese centro internacional se posibilitará que o alumnado que o desexe poida cursar a súa carreira en galego. Nese senso desde o movemento veciñal defenden que o uso do noso idioma debe estenderse tamén á realización dos exames, afirmando que “a impartición de titorías en galego é un paso moi importante, mais entendemos que debe ir máis alá permitindo tamén a quen o desexe examinarse na súa lingua propia”.

APLAUDEN O COMPROMISO DE UBICACIÓN PARA UN NOVO XULGADO

De igual modo desde a FAVEC se valora tamén positivamente as declaracións realizadas polo Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, nas que o mandatario garantía unha ubicación que permita a apertura na nosa cidade do Tribunal do Social número 6, o que redundará nunha maior axilidade xudicial. Porén, para a federación esta medida non pode poñer nun segundo plano o necesario pulo que precisa a Cidade da Xustiza que nestes intres fica na indefinición.

En todo caso a FAVEC agarda que estes anuncios se convertan en realidades concretas á maior brevidade, e permanecerá atenta á súa evolución facendo seguimento dos mesmos para que non queden en ‘vistosos titulares’.

A Comisión Permanente.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: