ECONOMÍA E INDUSTRIA FAVORECE O NACEMENTO E CRECEMENTO DAS EMPRESAS CON SERVIZOS DE APOIO E ASESORAMENTO ESPECIALIZADOS

  • A través de BIC Galicia, que traballa de xeito coordinado con Igape e Xesgalicia, o departamento de Javier Guerra desenvolve un intenso labor para facilitar o emprendemento e a mellora da competitividade empresarial
  • A directora de BIC, Maite Cancelo participou no curso de verán da USC sobre os incentivos públicos á actividade empresarial e destacou o papel desa entidade e a súa colaboración no ámbito de proxectos de cooperación, mesmo en ámbitos internacionais
  • Destacou que “os mozos que teñan unha idea de negocio pero tamén moitas dúbidas sobre a súa viabilidade como iniciativa empresarial, deben saber que en BIC Galicia poden atopar orientación e asesoramento para deseñar un proxecto y para localizar financiamento”
  • BIC Galicia desenvolve o seu labor dinamizador en ámbitos como a identificación de recursos autóctonos e oportunidades de negocio, a difusión da cultura emprendedora, ou o apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras

Santiago, 20 de xullo de 2011.- A Través de BIC Galicia, a Consellería de Economía e Industria deseña, impulsa e dirixe unha intensa actividade destinada a favorecer a creación de novos negocios e a promover a consolidación, desenvolvemento e mellora da competitividade de empresas de recente creación. Segundo manifestou a directora de BIC Galicia, Maite Cancelo, durante a súa intervención no curso de verán arredor de “Os incentivos públicos e a empresa galega: unha vía para a saída da crise”, que se está a desenvolver na Universidade de Santiago de Compostela, “actuamos en diversos ámbitos, formando, capacitando, asesorando e proporcionando recursos para cada una das fases do proceso de creación e consolidación de empresas”. Maite Cancelo subliñou que os emprendedores, “especialmente os mozos que teñan unha idea de negocio pero tamén moitas dúbidas sobre a súa viabilidade como iniciativa empresarial, deben saber que en BIC Galicia poden atopar orientación e asesoramento para deseñar un proxecto y para localizar financiamento”.Entre os principais ámbitos de actuación de BIC Galicia, Maite Cancelo referiuse á identificación de recursos autóctonos e oportunidades de negocio, a difusión da cultura emprendedora, o apoio á creación e consolidación de empresas competitivas, ou a promoción da innovación empresarial entre as pemes galegas. A directora de BIC Galicia salientou que a sociedade traballa en estreita coordinación co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e coa sociedade xestora de fondos de capital risco da Xunta, Xesgalicia, ademais de colaborar de forma habitual con concellos, cámaras de comercio, asociacións empresariais, colexios profesionais e universidades co obxectivo de cumprir os seus obxectivos de forma máis eficiente. Maite Cancelo destacou igualmente que BIC Galicia forma parte da Red Europea de Centros de Empresas e Innovación (CEEIs) e da rede española de CEEIs (ANCES), o que lle facilita vías de relación e colaboración para participar en programas nacionais ou europeos que faciliten a consolidación das novas empresas a través da innovación e a internacionalización. A directora xeral de BIC Galicia referiuse ao intenso labor da sociedade adscrita á Consellería de Economía e Industria no ámbito da formación orientada á difusión da cultura emprendedora, tanto na ESO como en FP, nas universidades como no eido da formación ocupacional. Destacou, por outra banda, o labor de BIC Galicia como facilitadora de asesoramento, ferramentas e instrumentos para facilitar a creación, crecemento, a consolidación ou a internacionalización de novas empresas mediante redes como a Mentoring e proxectos como o Medra, Saeómercado, Benvende ou Bioemprende.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: