O FOGGA APOIA AO SECTOR AGROGANDEIRO DE PONTEVEDRA CON MÁIS DE 18,5 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS NO 2010

  • No ano 2010, o Fondo Galego de Garantía Agraria xestionou 1.618 solicitudes de axudas ás explotacións lácteas situadas en zonas desfavorecidas, recibindo os gandeiros pontevedreses máis de 2,5 millóns de euros por primeira vez nesta liña de axudas

Santiago, 20 de xullo de 2011.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e director xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural, José Álvarez Robledo, visitaron hoxe, mércores, as novas dependencias do organismo pagador dos fondos europeos agrícolas na Cidade do Lérez. No ano 2010, o servizo territorial do Fogga en Pontevedra xestionou máis de 17.500  solicitudes, repartidas en 15 liñas de axuda, que acadan un importe pagado superior aos 18,5 millóns de euros na provincia. Entre estas axudas, cómpre salientar as destinadas de forma específica ás explotacións lácteas situadas en zonas desfavorecidas, que se aboan por primeira vez aos gandeiros, que reciben máis de 2,5 millóns de euros, correspondentes a 1.618 solicitudes. Outro vector das devanditas axudas sitúase no Contrato de Explotación Sustentable (CES)/Medidas agroambientais, que supuxeron a tramitación de 341 expedientes, cun importe de pago que supera o 1,4 millóns de euros. Con respecto á prima de vacas nutrices e ao seu pago adicional, cursáronse 2.749 solicitudes, que suman máis de 1,5 millóns de euros en axudas percibidas polos gandeiros. Entre as liñas de axuda, figura tamén o pago único por explotación, que supera os 10,1 millóns de euros; a indemnización compensatoria, que se sitúa por riba dos 905 mil euros; o pago adicional do sector lácteo, con máis de 875 mil euros aboados; ou a prima por sacrificio de vacún, con axudas para os gandeiros de máis de 449 mil euros.

Nova sede

Desde o pasado mes de abril, o servizo territorial do Fogga en Pontevedra trasladouse a un inmoble cedido pola Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e de propiedade da Xunta de Galicia, situado no edificio As Palmeiras, na Rúa Paseo de Cervantes, nº7-1º esquerda de Pontevedra. Anteriormente, o servizo territorial do Fogga estaba situado nun local de 500 metros cadrados, alugado na Rúa Nova de Abaixo, 2, cuxo contrato vencía neste exercicio orzamentario.

Aforro en alugueres

O cambio supón un aforro de 50.300 euros anuais en alugueres para o organismo e a utilización dun inmoble ata o momento de hoxe baleiro na cidade de Pontevedra e de propiedade da Xunta de Galicia, así como a posibilidade de contar no mesmo inmoble cun espazo de arquivo de documentación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: