A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E MICROBANK ASINAN UN CONVENIO POR UNHA CUANTÍA DE UN MILLÓN DE EUROS PARA INCENTIVAR A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA CON MICROCRÉDITOS SIN AVAIS

As concesións basearánse na viabilidade do proxecto, terán un importe máximo de 25.000 euros e serán para compañías de menos de 10 traballadores e unha facturación anual inferior a 500.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o director comercial de Microbank-La Caixa, Ramón Gatell, asinaron hoxe un convenio para facilitar microcréditos a emprendedores. A cantidade que se destinará para financiar proxectos a pequenos empresarios con proxectos de autoemprego, sen necesidade de avales e só cun proxecto de viabilidade empresarial, será de 1 millón de euros.

As condicións económicas dos microcréditos son:

  • Concesión dun importe máximo de 25.000€

  • Beneficiarios: persoa física ou microempresa con menos de 10 traballadores e unha facturación anual inferior a 500.000€.

  • Prazos: 60 meses (5 anos) incluídos 6 meses de carencia opcional. Tipo de interese: ata o 31/12/2011: 7,75%
  • Sen garantías reais, nin aval, excepto si o titular é persoa xurídica.
  • Requisito: aportar un plan de empresa favorable de viabilidade. O criterio de concesión atende fundamentalmente á confianza na persoa solicitante e na viabilidade da empresa, podendo acceder a eles persoas sen garantías e sen avais.

A Deputación, a través da súa Oficiña de Promoción do Emprego, encargarase de detectar as necesidades de financiación e dos colectivos con este tipo de necesidades; facilitar os servizos de apoio e asesoramento empresarial; analizar a viabilidade dos proxectos; e de dirixir ós emprendedores á entidade financeira.

Esta acción alía á Deputación e Microbank para potenciar o autoemprego e incentivar a actividade emprendedora e a igualdade de oportunidades.

1.378 préstamos na provincia de Microbank

Según explicou Louzán, a Deputación ten o <Plan de Acción para o Emprego, a Competitividade e a Promoción Económica 2010-2011>, elaborado polo Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, no que se establece que <A Deputación de Pontevedra porá en marcha, a través de convenios con entidades financieiras, acordos para o acceso á financiación necesaria para a posta en marcha de iniciativas empresariais, especialmente para aquelas que sexan impulsadas por personas pertencentes a colectivos en risco de exclusión>.O obxectivo dese plan é <facilitar información e ferramentas financieiras a empresarios/as e personas emprendedoras que facilite o desenvolvemento da súa actividade empresarial>. O convenio asinado hoxe con Microbank quere financiar a consolidación ou ampliación de microempresas, negocios de autónomos e proxectos de autoemprego para contribuír ó tecido produtivo e á creación de emprego. Microbank é a entidade financeira que máis recursos destina a proxectos de autoemprego. Na provincia de Pontevedra leva concedidos 1.378 préstamos por importe de 11 millóns de €). Según explicou Gatell, na UE hai 21 de empresas, de entre 1 e 10 empregados, que precisan dun tipo de accións como as hoxe asinadas coa Deputación.

Obradoiros da Deputación e 324 personas contratadas

Louzán, pola súa banda, congratulouse da concrección deste acordo de colaboración _<da que tanto se fala pero que raras veces se plasma en realidades>, dixo_ e non descartou establecer convenios similares con outras entidades financieiras para reactivar a economía e o emprego <sobre todo para os xoves, que sofren un 45% de paro>, afirmou.

O presidente da Deputación conclueu afirmando que <no último ano e medio, a Deputación formou a máis de 1.000 personas en obradoiros de Hostelería, Fontanería, Carpintería, Calefacción, etc. e moitos deles atoparon traballo ou emprenderon unha actividade autónoma> O Servizo de Intermediación Laboral da entidade provincial acadou, pola súa banda, a contratación de 324 persoas, formadas nos diversos plans do proxecto Aquelando II, nun total de 128 empresas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: