O CCVV presenta un novo programa de erradicación de pintadas sen custo para os veciños do barrio antigo

  • A presidenta do organismo, Lucía Molares, supervisou hoxe as actuacións do programa coa limpeza dun grafitti na fachada dun establecimento situado na calle Oliva. O persoal da empresa adxudicataria do servizo, “Clinarte S.L.”, opera mediante un sistema de nova xeración, baseado en micropartículas a baixa presión.

  • A campaña de eliminación de pintadas no Casco Vello, que conta cunha partida de 60.000 euros, é unha ferramenta eficaz para eliminar todo tipo de grafittis, pintadas e carteis das fachadas dos inmobles.

  • Dende a súa implantación hai agora 3 anos investíronse 110.000 euros nas 411 actuacións levadas a cabo nunha superficie total de case 2.000m2, na súa maioría pedra, metal e madeira.

Vigo, 21 de xullo de 2011.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, supervisou hoxe as actuacións que se desenrolan dentro do novo programa de erradicación de pintadas no barrio antigo, que é de balde para os veciños e veciñas que o soliciten e que conta cunha partida de 60.000 euros. Persoal da empresa adxudicataria do servizo de limpeza “Clinarte S.L.” executou hoxe traballos de limpeza na fachada dun establecemento da rúa Oliva coa eliminación dun grafitti mediante un sistema de nova xeración, baseado en micropartículas a baixa presión. Molares, acompañada polo xerente do CCVV, Alfonso Ramos, explicou que o programa de erradicación de pintadas co que conta o organismo dende hai 3 anos é unha ferramenta eficaz para eliminar todo tipo de grafittis, pintadas e carteis nas fachadas dos inmobles situados no Casco Vello. Dende 2008, o CCVV investiu 110.000 euros e levou a cabo un total de 411 actuacións nunha superficie de case 2.000 metros cadrados, na súa maioría en soportes de pedra, metal ou madeira. Actúase tamén sobre outros tipos de soportes coma ladrillo, bloque, vidro e superficies pintadas, e segundo o tipo do que se trate utilízase o sistema de eliminación máis axeitado. Os traballos executados pola empresa adxudicataria do programa non só cinguíronse á eliminación de grafittis de todo tipo, senón que tamén levou a cabo outras labores coma tratamento de protección antipintadas, mantemento nas zonas previamente protexidas e pintado das superficies agredidas. Todas as solicitudes presentadas no CCVV son atendidas sen custo para os propietarios e propietarias de inmobles da zona vella A idea que persigue este programa é mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas e dos visitantes do Casco Vello. O CCVV considera básico erradicar numerosas pintadas que sofren fachadas e outros elementos inmobiliarios. As pintadas van máis alá do estético, xa que incrementan a sensación de abandono e suciedade dunha zona en pleno proceso de rehabilitación integral.

A recuperación do Casco Vello segue adiante

O CCVV segue adiante coa recuperación do barrio antigo tras o sorteo das 12 Vivendas de Promoción Pública (VPP) en réxime de aluguer o pasado 30 de xuño e tras a recente publicación da lista provisional de admitidos para a saída ao mercado doutras 15 Vivendas de Protección Autonómica (VPA). O proceso de entrega de chaves das primeras 19 VPA finalizará en próximas datas. Tamén está aberto o proceso para alugar 11 locais comerciais situados no Casco Vello e o prazo de presentación de proxectos remata o vindeiro 2 de agosto.

O ente, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo, ten adquiridos 44 inmobles, dos cales 15 xa están totalmente rehabilitados. Un total de 13 locais comerciais xa están dispoñibles, co obxectivo de fomentar a actividade empresarial na zona do barrio antigo, e 52 vivendas xa son habitables.

Na actualidade, o CCVV traballa na execución de 9 locais comerciais e 42 vivendas, da cales 9 están iniciadas, 15 licitadas e 18 en fase de proxecto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: