SAGRARIO FRANCO MALVAR SERÁ A NOVA PRESIDENTA DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA

  • Substituirá no cargo a Javier Puertas, que presentou a súa dimisión por motivos personais

 

Santiago, 21 de xullo de 2011.- Sagrario Franco Malvar será a nova presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en substitución do actual titular deste organismo, Javier Puertas. O ata hoxe presidente deste organismo, que accedeu á presidencia da Autoridade Portuaria de Vilagarcía ao comezo da actual lexislatura, presentou a súa renuncia por motivos personais. Sagrario Franco é médico de Familia do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) en Vigo, logo de ocupar o cargo de Delegada Provincial da Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude dende 1995 ata 1999. Nacida en Vigo o 25 de xuño de 1956, Sagrario Franco Malvar é licenciada en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela e conta co Máster en Xestión Hospitalaria do Hospital Juan Canalejo e da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa traxectoria profesional foi médico de urxencias, directora médica e coordinadora de equipos de Atención Primaria do SERGAS e médico do Servizo de Urxencias do Val Miñor.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: