Archivo | julio 23, 2011

AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DA CIRCUNVALACIÓN DAS NEVES COMEZARÁN NO ÚLTIMO TRIMESTRE DESTE ANO

  • Este proxecto supón o ensanche da actual vía, co que se converterá nunha rúa de dobre carril, mellorándose así as condicións de seguridade vial
  • Esta actuación ten un prazo de execución de 12 meses e beneficiará aos máis 5.000 habitantes deste concello pontevedrés e a súa área de influenza
  • Incrementarase a seguridade viaria, coa conseguinte redución de porcentaxe de atropelos e accidentes

Santiago, 23 de xullo de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de urbanización da circunvalación das Neves (PO-400), polo que os traballos poderán comezar no último trimestre deste ano. Esta actuación foi adxudicada por un importe de case 900.000 euros (877.506) e ten un prazo de execución de 12 meses. A actuación beneficiará aos máis 5.000 habitantes deste concello pontevedrés e a súa área de influenza. O principal obxectivo deste proxecto é o ensanche da actual vía, co fin de convertela nunha rúa de dobre carril, mellorándose así as condicións de seguridade vial dos servizos e características propias de rúa urbana; construiranse tamén beirarrúas; aparcamentos nun ou ambas marxes, segundo as circunstacias xeográficas e necesidades; canalizacións de saneamento, abastecemento e alumado viario, entre outros. Esta actuación levaranse a cabo ao longo de 600 metros de lonxitude e contará con tres tipos de sección transversal. Unha delas terá dous carrís de 3,5 m. cada un, dúas beiravías de medio metro e dúas beirarrúas, unha de 2 metros de ancho e a outra de metro e medio. A segunda sección estará composta por dous carrís de 3,5 m., dous aparcamentos de 2,5 metros e dúas beirarrúas de dous metros; e, por último, a seguinte sección comporase de dous carrís tamén de 3,5 metros, aparcamento, unha beiravía de medio metro e dúas beirarrúas de 2 metros cada unha. Para isto, será necesario facer unha escavación de máis de 7.400 m3; empregar máis de 4.000 toneladas de mestura bituminosa en quente, 2.560 metros cadrados de loseta hidráulica para as beirarrúas; e colocaranse tamén o balizamento e defensas.  Esta actuación ademais de mellorar a condución dos veciños das Neves, incrementa a seguridade viaria, coa conseguinte redución de porcentaxe de atropelos e accidentes.

 

AUGAS DE GALICIA ENTREGA AO CONCELLO DE MOAÑA AS OBRAS REMATADAS DE ABASTECEMENTO EN PIÑEIROS E BROULLÓN

A Consellería de Medio Ambiente achegou un importe de 1,2 millóns de euros para a execución destas actuacións

  • O proxecto contemplou a colocación de 500 metros de tubaxe, dende a tubería próxima ao depósito de Berducedo ata o lugar onde se sitúa o pozo de bombeo nas proximidades do cemiterio
  • Instaláronse un depósito regulador de 1.000 metros cúbicos de capacidade e unha rede de distribución que partindo deste tanque conduce a auga ás distintas zonas de consumo Leer Más…

Festiclown confirma que aínda quedan entradas para Leo Bassi e Yllana

Ante algunhas informacións publicadas hoxe por medios de comunicación, o Festival Internacional de Clown de Galicia lembra que os billetes para estas actuacións continúan á venda na web http://taquilla.servinova.com/inicio Leer Más…